SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2017 | Actualizada ás 13:36 por EUROPA PRESS
Os 14 monxes do mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense), volverán na tarde deste martes tras ser evacuados o domingo ao convento de Ferreira de Pantón (Lugo) debido á vaga de incendios que afectou o municipio ourensán.
Diso informou o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares, quen, en declaracións a Europa Press, explica que "todo ao redor" do mosteiro ardeu, pero non houbo que lamentar danos materiais.
O traslado dos monxes decidiuse, segundo explicou o rexedor, posto que os lumes xeraron moito fume que se concentrou en Oseira debido á zona baixa na que se sitúa o mosteiro.
A provincia ourensá foi unha das máis afectadas pola onda de lumes xunto á de Pontevedra. Ademais, leva rexistrando incendios desde as últimas semanas en zonas como o parque natural do Xurés e o Macizo Central.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.