Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/10/2017 | Actualizada ás 14:04
A Xunta de Galicia e a vella prensa volven exhibir as súas alianzas no plano propagandístico e económico. Desta vez, o Goberno galego e varios xornais tentan sacar rédito da traxedia que asola Galicia pola vaga de incendios; a Xunta, tallada política e os medios que coida especialmente o Executivo de Feijóo con grandes subvencións e campañas publicitarias, tallada económica.
Inserido en páxinas completas de publicidade (a Xunta négase polo momento a revelar o custo), a declaración institucional de Alberto Núñez Feijóo tras os incendios destes días aparece en varios xornais impresos editados en Galicia, pero tamén en Madrid, e en galego nalgúns e en castelán noutros. O texto incide na tese do "terrorismo incendiario" e expresa o apoio ás vítimas e os equipos de extinción de lumes.
Esta descarada campaña para beneficiarse mutuamente —Xunta e prensa tradicional— suscitou xa unha avalancha de críticas en redes sociais, onde son moitas as persoas que expresan a súa indignación ante esta operación propagandística e o beneficio económico que reciben determinados xornais por cartos públicos a conta dunha traxedia da magnitude que está a vivir Galicia estes días.
La Xunta de Galiza ya se ha gastado más dinero en publicidad para blanquear su nefasta gestión de los incendios que en prevenirlos...
— ★Antídoto★ (@Yo_Soy_Asin) 17 outubro 2017
😷😷😷😷😷😷 pic.twitter.com/NPJwR3Y8kh
Publicidad de la Xunta sobre incendios. La palabra "terrorismo" aparece 8 veces en el texto. pic.twitter.com/bnRO5ZNoxl
— gonzalo cortizo (@gonzalocortizo) 17 outubro 2017
La Xunta pagando publicidad en medios para introducir su comunicado sobre los incendios. Se lo podía gastar en prevención pic.twitter.com/Wr3hBIV75i
— Christian Sellés (@chselles) 17 outubro 2017
Así es la publicidad institucional de @Xunta @FeijooGalicia en @lavozdegalicia , que es el diario más leído en Galicia, cómo van a informar?
— Anubrado (@anubrado) 17 outubro 2017
Se non for no @Par_Gal , onde se aborda a vaga de lumes, a política forestal e os medios? Na propaganda da @xunta nos medios?#LumesNuncaMáis
— Henrique Rabuñal (@h_rabunal) 17 outubro 2017
A Xunta recorre á propaganda para ocultar as súas responsabilidades inserindo a declaración de Feijoó na prensa. Non nos tomen por parv@s.
— M. Anxo Fernán Vello (@FernanVello) 17 outubro 2017
La Xunta no renovó contratos de equipos de extinción pero siempre hay dinero para una página de propaganda en la prensa. pic.twitter.com/ymvGMURCKc
— Iñigo S. Ugarte (@Guerraeterna) 17 outubro 2017
Terrorismo forestal é a política d monte da Xunta. O "terrorismo" tapa as súas vergoñas ca axuda dos medios de propaganda como @Farodevigo
— Tonhitoazul (@tonhitoazul) 16 outubro 2017
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.