Xunta di que todos os incendios foron intencionados e que a superficie queimada supera o ardido todo o ano

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, asegurou que "o 100% dos incendios" forestais rexistrados durante o pasado fin de semana "foron intencionados" e tamén afirmou que a superficie queimada polos 276 lumes desta vaga "vai ser superior a toda a ardida durante o ano".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2017 | Actualizada ás 17:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, asegurou que "o 100% dos incendios" forestais rexistrados durante o pasado fin de semana "foron intencionados" e tamén afirmou que a superficie queimada polos 276 lumes desta vaga "vai ser superior a toda a ardida durante o ano".

Así o avanzou durante unha comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento de Galicia, na que, como en anteriores ocasións, non cifrou o número de hectáreas calcinadas nin no que vai de ano nin nos últimos días.

Iso si, lembrou que a tempada de verán acabou o 30 de setembro cun terreo queimado un 44% inferior ao que ardeu en 2016 ata esa data, e contabilizou esta diferenza en 9.000 hectáreas menos.

O balance do verán (de 1 xullo a 30 setembro), segundo engadiu, deixou un número de incendios un 20% inferior ao do mesmo período de 2016, e cun 70% menos de superficie queimada, isto é, 6.000 hectáreas menos.

En 2016, de acordo cos datos que analizou o Consello da Xunta, a comunidade superou as 20.000 hectáreas queimadas (20.347), máis de 9.000 de monte arborado, ata comezos de novembro.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta