Os encoros galegos perden outros 33 hectómetros cúbicos de auga e atópanse ao 45% da súa capacidade

Os encoros galegos atópanse actualmente ao 45,1 por cento da súa capacidade tras perder outros 33 hectómetros cúbicos de auga con respecto á semana pasada.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2017 | Actualizada ás 17:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse actualmente ao 45,1 por cento da súa capacidade tras perder outros 33 hectómetros cúbicos de auga con respecto á semana pasada.

Entrepeñas, Sacedón, encoros, pantanos, auga, encoro, pantano
Entrepeñas, Sacedón, encoros, pantanos, auga, encoro, pantano | Fonte: Europa Press

Son datos que fixo públicos este martes o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, que reflicten que a reserva hidráulica galega baixou ata os 1.574 hectómetros cúbicos de auga embalsada.

En concreto, os encoros da cunca Miño-Sil teñen 1.236 hectómetros cúbicos de auga, 20 menos que fai sete días. Pola súa banda, nos de Galicia Costa quedan 338 hectómetros, un total de 13 menos que a semana anterior.

Estes valores atópanse significativamente por baixo dos datos de hai un ano e da media da última década. Atendendo á porcentaxe, a cunca do Miño-Sil áchase ao 40,8 polo seu cento da súa capacidade, mentres a de Galicia Costa alcanza o 49,4 por cento.

En canto ás precipitacións, o departamento que dirixe Isabel García Tejerina puxo de manifesto que a máxima se rexistrou na Coruña, con 0,4 litros por metro cadrado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta