Temas: INCENDIOS LUMES

Consellos para repoboar os terreos queimados

Adega publica unha pequena guía do que facer e o que nas zonas ardiadas e non estragar o medio ambiente.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/10/2017 | Actualizada ás 08:40

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Adega destaca que os perigos que deixan os lumes sobre o medio natural. P Así, lembra que, ademais dunha perda de biomasa vexetal e de biodiversidade en xeral, prodúcese tamén un empobrecemento do solo e, coas chuvias, o lavado do horizonte superficial arrastrando grandes cantidades de sedimentos e materia orgánica. “Esta erosión e a diminución da materia orgánica no solo, unidas á brusca inxección de materiais nas canles fluviais e nas rías, son causa de graves impactos mesmo en áreas alonxadas das zonas queimadas”, indica.

Bosque arrasado polo lume, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Bosque arrasado polo lume, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Ademais, insiste en que os labores de restauración hidrolóxico-forestal deben ser desenvovidos por persoal especializado e seguindo uns estritos protocolos de actuación para evitar causar máis danos, como a compactación por pisoteo, a erosión inducida nas ladeiras, a introdución de especies invasoras ou non procedentes... “As intervencións deben tamén axustarse ás características particulares de cada territorio, en particular nos espazos protexidos, nos que deben respostar ás necesidades concretas de conservación establecidas nos correspondentes planos”, sinala.

Por iso, recomenda unha serie de accións positivas, entre as que salienta:

-Minimizar o uso de maquinaria pesada. 

-Non realizar tallas nos esqueletes do mato e cortar só as árbores de certo tamaño para evitar danos ao solo. 

-Deixar os restos forestais sobre o solo en sentido perpendicular á pendente, para frear a escorrentía. 

-Repartir palla ou virutas (mulching) en zonas sensibles, en zonas con forte pendente, en zonas próximas a cursos de auga,... 

-Realizar faixas de sementeiras alternando coas anteriores e sempre seguindo as curvas de nível. 

-Poñer filtros vexetais (restos de podas, broza,...) preto das canles dos ríos, para frear os arrastres do solo e evitar a contaminación das augas

E alerta de evitar:

-Pisotear as zonas queimadas, xa que se aceleraría a erosión. 

-Cortar árbores e romper polas, porque supoñen unha protección contra a erosión.

-Realizar sacas de madeira de modo agresivo para o solo. 

-Laborear e roturar o solo. Utilizar maquinaria pesada ou agresiva no chan. 

-Asustar ou danar á fauna. 

-Pastorear demasiado pronto, para evitar os efectos do gando sobre o solo e sobre a vexetación.   

“Ante calquera dúbida, pódese preguntar ao axente forestal ou á Consellaría do Medio Rural sobre a normativa vixente en materia de usos dun espazo forestal incendiado”, aconsella. 

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta