(AM)Detido en Vigo por causar un incendio por unha imprudencia na súa leira o domingo nos Blancos (Ourense)

A Garda Civil detivo a un home en Vigo por supostamente ser o causante dun incendio por unha imprudencia o pasado domingo nos Blancos (Ourense).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2017 | Actualizada ás 11:44 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un home en Vigo por supostamente ser o causante dun incendio por unha imprudencia o pasado domingo nos Blancos (Ourense).

Incendio en Vincios
Incendio en Vincios | Fonte: Europa Press

Diso informou o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, a través da súa conta persoal na rede social Twitter. Fontes policiais sinalaron que a detención se produciu sobre as 8,30 horas deste mércores.

O detido plantou lume nunha leira familiar "de forma incontrolada", sobre as 13,30 horas do domingo día 15. Ardeu unha hectárea de superficie, a metade dela arborada, a 300 metros das casas, segundo apuntan as mesmas fontes.

De acordo cos datos que trasladou a Xunta, que fala dunha "actividade incendiaria" e ata "homicida", o pasado domingo a comunidade rexistrou 134 incendios.

Arderon en toda Galicia máis dunha vintena de casas, dúas deshabitadas e outras tres baleiras ou deshabitadas na provincia ourensá.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta