Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/10/2017 | Actualizada ás 14:00
Negrura, fume, cheiro a queimado e desolación. Esta é a dantesca paisaxe que deixa a vaga de incendios en Galicia en pleno mes de outubro. O fotoxornalista Miguel Núñez retratou nunha colaboración para GC esa negra sombra que volve escurecer o país. Dende Vigo até Chandebrito (Nigrán), onde apareceron as dúas primeiras vítimas mortais desta praga, a destrución é tan palpable que arrepía, e a tristeza e impotencia que desprenden os ollos dos paisanos, como os de Pepe (nas fotos), contaxian unha dor insoportable. Leiras destruídas, montes e bosques arrasados, vehículos calcinados, camiños grises, casas ennegrecidas, o monte do Castro de Chandebrito arrasado... Mírese para onde se mire, o sur da provincia de Pontevedra sangra negro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.