SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2017 | Actualizada ás 14:10 por EUROPA PRESS
A Garda Civil solicita a colaboración cidadá para axudar a esclarecer en Galicia a autoría dos incendios que arrasaron parte da comunidade nos últimos días.
"Calquera dato que poida achegar a cidadanía podería converterse en parte vital da investigación", destaca, polo que anima aos cidadáns a porse en contacto a través do teléfono 062, o correo electrónico seprona@guardiacivil.org ou nas contas oficiais de Facebook ou Twitter da Garda Civil.
Doutra banda, tamén envía unha mensaxe de tranquilidade para aqueles que decidan achegar información, tendo en conta que garante a confidencialidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.