Ten que dimitir alguén en Galicia coma en Portugal pola xestión da crise?

Unha ministra do Goberno luso presentou a súa dimisión. Mentres, en Galicia, a Xunta acusa á oposición de demagoxia política.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A ministra de Administración Interna de Portugal, Constanza Urbano de Sousa, presentou formalmente a súa dimisión, tras as críticas á súa xestión dos incendios deste verán, decisión que o xefe do Goberno, António Costa aceptou. Unha decisión que ven moitivada polas numerosas críticas de toda a oposición pola xestión do lume. Unha situación moi semellante á galega, aínd que no noso caso, non semella que vaia a haber ningunha dimisión.

Feijóo, Rajoy e mandos da UME reunidos con membros do Concello de Ponteareas
Feijóo, Rajoy e mandos da UME reunidos con membros do Concello de Ponteareas | Fonte: Concello de Ponteareas

Urbano de Sousa convértese así na primeira vítima política en Portugal dunha onda de incendios que se saldou con máis de 100 mortos en tan só catro meses.  Nunha carta, a ministra considera que, unha vez concluído o período crítico dos incendios desta mesma semana, que se saldaron con 41 mortos, "están esgotadas todas as condicións" para manterse nas súas funcións.

A titular agradece a Costa a súa confianza nela, non só agora senón tamén tras a primeira onda de incendios en Pedrógão Grande, e pídelle que acepte a súa dimisión "para preservar" a súa "dignidade persoal", conclúe na súa misiva.

Fortes críticas ao Goberno

A titular de Administración Interna estaba a ser cuestionada tanto pola opinión pública como polos distintos partidos políticos, un dos cales, o democristián CDS, xa anunciou unha moción de censura ao Goberno de Costa por esta crise. Este martes, incluso o presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, chegou a lanzar varias e duras advertencias ao Goberno, no sentido de que esa urxente e inaprazable actuar e "abrir un novo ciclo".

No seu discurso á nación desde Oliveira do Hospital, unha das localidades máis afectadas polo lume, o xefe do Estado foi máis aló ao subliñar que espera que o Parlamento "soberanamente, clarifique se quere manter ou non en funcións ao Goberno". 

E en Galicia?

Mentres xa comezan as dimisións en Portugal, en Galicia a Xunta e o seu presidente seguen defendendo a xestión da crise, aínda que o propio Núñez Feijóo admitiu que “se lle foi das mans durante 12 horas”. 12 horas nas que arderon milleiros de hectáreas e faleceron catro persoas.

Este mércores, no Parlamento, Feijóo respondía con ataques ás críticas da oposición e suliñaba que el nunca tentou politizar o tema dos incendios, nin acusar ao Goberno de incompetente. Alguén desde a oposición lle tivo que lembrar que xa o fixo durante o bipartito coa vaga de lumes de 2006. Tanto Ana Pontón, do BNG, coma Luís Villares, de En Marea, pedíronlle a Xunta que asuma as súas responsabilidades, que recoñeza os erros no operativo de coordinación e mesmo que, se hai que dimitir, se dimita. 

“En Galicia deberíamos unha vez máis aprender de Portugal e o responsable político desta situación debería dimitir, aínda que só fora por hixiene democrática, máxime cando a Protección Civil e a Cooperación Transfronteiriza están no mesmo departamento sen que se coordine nada”, indicaba ao respecto o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Eu mesmo

Como mínimo a Conselleria do Medio Rural, mais no sabe conxugar o verbo dimitir. Núñez Feijoo, despois do que dixo no 2006, tamén. Maldita hemeroteca...

4 chapeu

Cómo van demitir, demagoxia pura: e quén continúa co neghosio??

3 comunista independentista

Os covardes non dimiten.

2 Hoxe non que me ven mal

Para Feijoo está claro, Antonio Costa

1 Pondaliao

Se houbera vergoña, sí: por suposto.