Temas: LUMES INCENDIOS

Os lumes da fin de semana arrasaron 35.500 hectáreas, máis que 2014, 2015 e 2016 xuntos

A esta superficie hai que sumar as 12.600 hectáreas que arderan ata ese momento no que vai de ano, o que ofrece un total de 48.100 queimadas en 2017.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Composteka | 18/10/2017 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A vaga de incendios da pasado fin de semana en Galicia arrasou unhas 35.500 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Xunta. Esta cifra supón máis que o queimado entre os anos 2014 (1.991 hectáreas calcinadas), 2015 (12.234 hectáreas) e 2016 (21.118 hectáreas) xuntos.

Lume sobre Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume sobre Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Ás 35.500 hectáreas da fin de semana hai que sumar as 12.600 que arderan ata ese momento no que vai de ano, o que ofrece un total de 48.100 queimadas en 2017.

Estas 48.100 hectáreas supoñen o segundo ano con máis superficie calcinada en Galicia desde a vaga de incendios de 2006 (entón foron 95.947 hectáreas).

De feito, xa é o cuarto exercicio con máis hectáreas queimadas nos últimos 25 anos, só superado en 2006, 2005 (57.452 hectáreas) e 1998 (48.173).

Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural apunta que "traballa intensamente na cuantificación de danos, tanto persoais como ambientais", á vez que espera que "caia todo o peso da lei" sobre "os responsables deste terrorismo incendiario".

Bosque arrasado polo lume, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Bosque arrasado polo lume, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Cansino

Carai no 2006 que foron preto de 120000 mil non 98000 non vin eu tanto afán nos bloqueiros en contar hectáreas. Entón saiu algún dicindo 65000 e todos amén. Como sodes.... podres.

1 unmais

Xa estades os PPeros co o de " y tu mas", estamos falando do que aconteceu estes días e de cando Feijoo prácticamente acusou de asasino ao gobernó e pedia resposablidades penais polos 4 mortos, chamoulle asaseno alguen a el agora?. Tende un pouco de vergoña¿Queres deixar un comentario?

1 Google earth

Mentira!!. Nego a maior. Desgraçadamente foron mais. Fagamos un experimento, collan a un tonto, midan a área de 20 ou 30 puntos en Google earth, no sur de Pontevedra. Desde Baiona, Gondomar , Nigrán, Vigo , Pazos de Borbén , o porriño , Ponteareas, salvaterra, as Neves, a Cañiza. Unha lingua de lume. Fagamos o cálculo. É mais do dobre....

1 Google Earth

Máis do dobre só en Pontevedra. E non sumemos o ardido en Ourense. O Xurés, Carballeda de Avia, Ourense, Cea, Paderne de Allariz. Montederramo,Chandrexa, Manzaneda, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, a Gudiña, a Mezquita...

2 Google earth

É tampouco sumemos Lugo. Os Ancares, Courel, Monforte , chantada... é triste, pero esta xentiña q nos malgoberna minte... coma sempre. Señores de Gc fagan o cálculo. Cálenle a boca a estes mintireiros...