Temas: COUREL RURAL

Folgoso do Courel, o drama de vivir na Galicia rural sen teléfono, internet ou asistencia médica

O accidente dun traballador nunha mina evidencia os grandes problemas que existen para tratar aos veciños en caso de accidente. “Onde están os servizos básicos e elementais que anuncia o PP en Decretos da Xunta?. No Courel non están”, critica a voceira socialista local.

Por Galicia Confidencial | O Courel | 24/10/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os veciños de Folgoso do Courel non teñen asistencia médica, teléfono ou internet. Servizos básicos de calquera cidadán que son un luxo, e chegan con dificultades, a moitos dos habitantes deste concello da montaña lucense.

Antena en O Courel
Antena en O Courel

“Levamos mais dunha semana cun solo médico que atende os dous centros de saúde que distan un do outro de 13 km de distancia”, denuncia Carmen Álvarez, do PSdeG que critica o abandono indiscriminado que viven os veciños da vila sen asistencia médica, telefonía ou internet como no resto de Galicia.

A voceira socialista asegura que “os veciños que acoden ao centro medico e esperan na consulta ata que se cansan, e senón non son atendidos volven ao dia seguinte, e atópanse co mesmo panorama”. “Onde están os servizos básicos e elementais que anuncia o PP en Decretos da Xunta?. No Courel non están”, quéixase. 

Accidente

A voceira explicou que o pasado 18 de outubro houbo un accidente xa que se precipitou un operario da canteira dun muro de 5 metros. Para atender a esta incidencia acudiu un helicóptero pero non puido aterrar, porque a carretera está xusto enriba da canteira. Así as cousas, despois do frustrado aterrizase apareceu a ambulancia, pero o médico non puido acompañar ao ferido para non deixar O Courel sen a mínima asistencia. O ferido foi rasladado só na ambulancia ata o hospital de Monforte de Lemos. “Esta é a asistencia sanitaria que reciben os veciños que traballan e viven no Courel, co risco que toda esta situación supón para o ferido”, criticou. Carmen Álvarez.

Zona de plantación de piñeiros no Courel
Zona de plantación de piñeiros no Courel

A voceira socialista denuncia tamén os problemas de seguridade e roubos que vive a vila. Así, suliña que no cuartel da Garda Civil de Seoane fíxose un investimento, “pero non se utiliza para nada”. “Na porta do edificio hai un cartel que indica un numero de teléfono para chamar a emerxencias. Esta é a seguridade coa que atenden aos veciños da Montaña, chamar por telefono”, criticou. Lembra ademais que fai poucos dias roubáronlle a un residente do Courel un cólmena e no Cuartel non había a quen dirixirse.

Temas: COUREL RURAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta