Temas: INCENDIOS LUMES

10 días de lume en Cervantes arrasan parte dos Ancares e carballos de 500 anos

A Xunta non facilitou aínda a superficie queimada do último lume da gran vaga de incendios que afectou ao país. Grandes extensións de alto valor ecolóxico quedaron calcinadas.

Por Galicia Confidencial | Cervantes | 25/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Este martes á tardiña, e logo de intensos días de intertidume e temor, os efectivos de loita contra o lume lograron sufocar o incendio forestal que afectaba o municipio de Cervantes (Lugo), o último que quedaba por extinguir da gran vaga de incendios que afectou a Galicia nas últimas semanas. Un lume que levaba ardendo máis de 10 días.

O lume arrasou grandes extensión en Cervantes, algunhas de gran interese ecolóxico nos Ancares
O lume arrasou grandes extensión en Cervantes, algunhas de gran interese ecolóxico nos Ancares | Fonte: Concello de Cervantes

Este incendio forestal afectaba á parroquia de Noceda, no municipio lucense de Cervantes, segundo informou a Consellería do Medio Rural que, con todo, non informou, polo momento da superficie calcinada polo lume, declarado o pasado venres 13 de outubro pola noite.

Neste concello foron tres os grandes lumes que se rexistraron; o de Donís, Noceda e Cereixido, que arrasaron na súa maior parte terreos da Rede Natura. Ademais ardeu unha casa na poboación de Freixedo, na parroquia de Cereixido, ademais de palleiros, alpendres e algún vehículo, entre outros danos.

Foron enormes, ademais, segundo o propio concello e grupos ecoloxistas os danos en paraxes de gran valor ecolóxico na zona dos Ancares. De feito, arderon carballos e castiñeiros centenarios, algúns de máis de 500 anos de antigüedade.

Arderon carballos centnarios no Concello de Cervantes na vaga de lumes de outubro de 2017
Arderon carballos centnarios no Concello de Cervantes na vaga de lumes de outubro de 2017 | Fonte: Concello de Cervantes
Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Mirixo

Eu que son dos Ancares e da parroquia de San Pedro de Cervantes, parteseme a ialma. É ese monte tamén pode dar cartos, aproveitado e posto en valor. O problema pode ser en parte pola política medioambiental. Máis o fundamental é a educación da xente. Os primeiros culpables os que queiman o monte. Perden eles e perdemos todos. Unha vergonza de país e de sociedade.

2 En fin

Non vexo aquí aos amigos da "outra política forestal" botando pestes contra as especies autóctonas... Será porque o problema de que arda o monte está na XESTIÓN e non as especies que ocupan o monte?? Será que os incendiarios teñen algo de culpa?? Será que se o monte non da cartos non interesa?? O que pasa é que o grao de analfabetismo forestal que se acada por certos colectivos só se supera repetido coma loros certos mantras. En fin.

1 Arturo

¿ Eso tamén e consecuencia da política forestal da Xunta e nunca, xamais, na vida dos incendiarios ? E case mellor non ver todo esto porque un deprímese de ver toda esta salvaxada, toda esta animalada de xente embrutecida e analfabeta. Cicais poderíase intentar a repoboación co roble americano, que crece algo mais deprisa co carballo.