Temas: EMPRESA

O 82% do facturado en Galicia por industrias extractivas, de enerxía, auga e residuos lévano empresas foráneas

As industrias con sede noutra autonomía supoñen máis dun terzo (un 34,1%) da facturación do total de empresas que operan no noso país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2017 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O 81,9% do facturado en Galicia por industrias extractivas, de enerxía, auga e residuos lévano empresas con sede noutras comunidades autónomas, segundo os datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Parque eólico de Malpica
Parque eólico de Malpica | Fonte: Europa Press

En global, as industrias con sede noutra autonomía supoñen máis dun terzo (un 34,1%) da facturación do total de empresas que operan en Galicia, segundo a estatística de multilocalización empresarial do IGE, con datos correspondentes a 2015.

No que respecta a outras ramas, a metalurxia e fabricación de produtos metálicos (60,4%) e a madeira e cortiza, papel e artes gráficas (25%) son outras das que máis proporción do volume de negocio vaise a outra comunidade autónoma.

No tocante ao emprego, as industrias con sede fóra de Galicia ocupan ao 12,9% dos traballadores de empresas con actividade en Galicia, de acordo coas cifras do IGE.

CON SEDE EN GALICIA E ACTIVIDADE FÓRA

Por outra banda, as empresas con actividade industrial e sede en Galicia que en 2015 realizaron algunha actividade económica noutra comunidade autónoma, o 6,9% do importe neto da cifra de negocios destas empresas facturouse fóra de Galicia.

Ademais, o 4,4% dos traballadores das empresas con sede en Galicia e actividade na industria estaba ocupado noutra comunidade autónoma.

Temas: EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Moinante

Que maior mostra que somos umha colonia.

1 Paco

Si hai risco de restriccións de abastecemento de auga para o consumo humano porqué non se deixa de turbinar para produción eléctrica?