Temas: INCENDIOS LUMES

As medicións definitivas elevan a máis de 49.000 as hectáreas queimadas na vaga de incendios

Son case 14.000 hectáreas máis das inicialmente contabilizadas. A superficie afectada é a terceira máis elevada dos últimos 30 anos e multiplica por 4 as hectáreas queimadas o resto de 2017.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2017 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

As medicións definitivas elevan a un total de 49.171,59 o número de hectáreas queimadas na vaga de incendios que ocorreu a fin de semana do 15 de outubro, case 14.000 hectáreas máis das inicialmente contabilizadas. Esa fin de semana, Galicia rexistrou 264 incendios forestais. Desta cifra informou este venres a Xunta, catro días antes de que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, compareza no pleno do Parlamento para informar o dispositivo de incendios durante a vaga de incendios de mediados de outubro.

Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro
Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

Concretamente, das 49.171,59 hectáreas, o 53,08% foi de monte arborado (26.098,13 hectáreas), mentres que a superficie rasa alcanzou o 46,92% (23.073,46 hectáreas).

Se se analiza por provincias, e sempre de acordo aos datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, a de Ourense foi a máis afectada, con 22.623,23 hectáreas; seguida de Pontevedra, con 20.085,86; Lugo, con 5.734,45 hectáreas; e A Coruña, con 728,05 hectáreas.

Ademais, o 23,14% do total de hectáreas calcinadas correspóndese con superficie danada en Rede Natura. Son 11.376,69 hectáreas, das cales 6.769,39 correspóndense coa provincia de Ourense e 4.523 coa de Lugo, as dúas provincias con maior afectación neste tipo de superficie.

MÁIS HECTÁREAS QUEIMADAS QUE EN TODO UN ANO

Até a vaga de lumes de mediados de outubro, arderan en Galicia 12.600 hectáreas, co que, sumadas as máis de 49.000 da vaga de incendios, 2017 xa contabiliza 61.771 hectáreas de superficie queimada.

Esta cifra significa que 2017 se sitúa como terceiro ano dos últimos 30 en que máis hectáreas se viron afectadas os incendios forestais, coa excepción de 2006 e 1989, e a pesar de que aínda faltan dous meses para finalizar o exercicio.

Así, despois das 95.947 hectáreas calcinadas en 2006 e das 198.998,2 de 1989 --datos do Pladiga--, o histórico do últimas tres décadas remítenos a 2017, con case 62.000 hectáreas calcinadas a falta de finalizar o exercicio.

Ademais, nunha só fin de semana deste mes de outubro, multiplicouse case por catro a superficie calcinada no que ía de ano. Isto é, na vaga de incendios queimouse 3,9 veces máis superficie que o que quedara calcinada no nove meses e medio anteriores.

TRABALLOS DE RECUPERACIÓN

Doutra banda, a Xunta indicou que xa se iniciaron as inspeccións sobre terreo para obter aproximacións da situación no monte e nos bancos marisqueiros, no marco das actuacións para recuperar as zonas queimadas.

No plan de traballo, está previsto consolidar os chans priorizando aqueles incendios de máis de 300 hectáreas que houbo ao longo de 2017 e que ascenden, segundo os datos de Medio Rural, a 32 casos.

Á marxe das actuacións sobre terreo, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado luns as axudas para a reparación de danos causados polos incendios. No caso de infraestruturas e equipamentos privados afectados e danos nas explotacións agrícolas e gandeiras, a Consellería de Medio Rural habilitou 1,5 millóns de euros.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 O que hai que ouir

Menudos expertos comparando o clima Atlántico có cantábrico, negar a evidencia da plaga do eucalipto nunca solucionará o problema. Realmente se sumas as hectáreas de tódolos concellos superase as 80.000 pero estades moi ben informados pola Tele Feijoo, la Coz e o Falo de Vigo... Millóns de euros en investigación e deteñen de maneira dubidosa os culpables da queima de 3 hectáreas de toxo e matorral, o 0.000006 % do total todo un éxito do equipo Feijoo e a su mangueira de xardín.

1 O NOSO PICUDIÑO!!!

COMO QUEIMAR 3 HECTAREAS DE TOXO... pero ti que estas decindo maldito asasino!!!! anda e vai correndo a enxaguar a boca co colutorio... SEÑORES ISTO XA E UN ECOCIDIO o que esta a pasar autenticos asesinos que van "limpando" as fincas que meten trapos empapados en gasolina !Señores!!!!! e mellor que ardan cen hectaras de eucaliptos antes de arda un so picudiño!!!! pero que fixemos, porque este desprezo a herbiña propia do noso monte, Se nos pican, seica non sangramos? Se nos fan cóxegas, seica non rimos? Se nos envenenan, seica non morremos? E se nos agravian, non debemos vingarnos? Se nos parecemos en todo o demais, parecerémonos tamén niso. VAI ASAR OS CHOURIZOS A COCIÑA NON NO MEDIO DO MONTE SO zPARVO DO zCARALLO!!! e púdrete no presidio que é onde debes estar!!!

6 Fernando G

E os "ecoloxistas" seguirán defendendo aos incendiarios detidos.

5 A verdade

A Coruña e Lugo as menos. Máis eucalipto menos incendios. Ala, a calar, ratas ecoloxistas.

1 anonimo

Non non non. O courel, inzado de eucaliptos ardeu todo. A Mariña, Ortegal e Ferrolterra, fraga autótonTa, libres de incendios. Dígoo porque son ecoloxLista.

4 PP- IROMANOS!!!!

eu fun o primeiro en decilo... meus... EU DIN AS HECTAREAS EU DIN OS LUMES UN POR UN!!! eu xa dixen... ninguen creía.. señores tiven que ir varias veces o botánico, agora o toxo esta revindicado, agora o toxo esta rexurdindo... o toxo señores O NOSO PICUDIÑO - PEPE RATAS MENTIROSAS, POR METIR ASI DEBERIAN ESTAR FORA .... FORA COAS RATAS MENTIROSAS E INMUNDAS!!!! rueda Valenzuela inútil paiaso do 112 anda e marcha dunha fruta vez!!!!

3 Pardao

49.171 o gordo este ano da lotería do nadal