Por Galicia Confidencial | Santiago de Compotela | 04/11/2017 | Actualizada ás 15:31
Tres vídeos que tentan explicar as razóns dos incendios en Galicia, logo da vaga de lumes que queimou máis de 49.000 hectáreas en pleno mes de outubro. Son obra de tramalume.org, unha rede de investigación e acción comunal sobre montes e lume forestal que traballa para visibilizar os intereses que afectan os nosos montes.
Valaquí a serie de pezas.
#Tramalume 1 - Xose Lois Vilar sobre os Incendios Forestais
Dende o Alto de Sanomedio, na parroquia nigranesa de Camos, fala Xosé Lois Vilar, arqueólogo, historiador e membro do Instituto de Estudos Miñoranos.
Con el percorren o camiño de desolación que deixou a vaga de lumes do pasado 15 de outubro, ate chegar ao alto do monte, onde se pode contemplar unha visión global do desastre, das implicacións que ten para o rural galego e das posibles causas, políticas e empresariais de todo isto.
#Tramalume 2 - Ponte Caldelas
Os veciños de Ponte Caldelas loitaron sós contra os lumes na fatídica noite do 15 de outubro de 2017. Falan José Ángel Soares, un dos afectados, e Andrés Díaz, alcalde do Concello. Denuncian o abandono da Xunta e do 112.
25 dos 30 núcleos de poboación do concello quedaron arrasados. O Barranco do Verdugo, de alto valor paisaxístico e ecolóxico, quedou gravemente afectado.
#Tramalume 3 - Ence, Eucalipto. Alternativas
Félix é axente facultativo medioambiental da Xunta de Galicia. Rubén traballa na Comunidade de Montes de Coruxo (Vigo) e é técnico superior de educación e control ambiental.
Ambos os dous analizan os usos e prácticas de Ence sobre as plantacións de eucaliptos no territorio galego, como afecta social e económicamente, as políticas forestais actuais e as alternativas ideais para frear o desastre.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.