Mayumana trae a Vigo o seu novo espectáculo “Rumba!” co ritmo de Estopa

A formación presentará o seu novo espectáculo a partir deste xoves e ata o día 12 de novembro no Teatro Afundaciń de Vigo. As entradas están á venda na web Ataquilla.com

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/11/2017 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O grupo de percusión e danza Mayumaná chega ao Teatro Afundación de Vigo coa súa nova proposta escénica «Rumba!», un espectáculo que narra unha historia de amor a través da linguaxe rítmica do grupo e coas cancións do grupo Estopa como banda sonora.

Espectáculo Rumba! de Mayamaná, co ritmo de Estopa
Espectáculo Rumba! de Mayamaná, co ritmo de Estopa | Fonte: Mayamaná

Tras o éxito acadado en Madrid con máis de 100.000 espectadores, Mayumaná chega a Vigo onde ofrecerá un total de seis actuacións. Este xoves 9 e o venres 10 de novembro sairá á escena nunha soa sesión, programada para as 20.30 h. O sábado 11 actuarán ás 17.30 e ás 20.30 h e finalmente o domingo 12 de novembro rematarán a súa visita a Vigo con dúas sesións, ás 17.00 e ás 19.30 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

«RUMBA!»

Máis de oito millóns de espectadores gozaron dos espectáculos de Mayumaná, un dos grupos de percusión, ritmo e danza máis importantes do mundo. Para a súa nova proposta, «Rumba!», elixiron a música de Estopa, con cancións como Malabares, La raja de tu falda, Como camarón ou Primavera, como banda sonora e fío narrativo para ofrecer un espectáculo desbordante, interpretado por un extraordinario elenco de artistas que cantan, bailan e tocan todos os instrumentos xerando a combinación rítmica e visual que distingue todos os espectáculos de Mayumaná. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta