Por E.P. | VIGO | 15/11/2017 | Actualizada ás 09:44
Un veciño do Porriño, de 54 anos de idade, faleceu após sufrir numerosas picaduras de vespa velutina cando realizaba traballos de poda nunha leira, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil.
Os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do martes nunha leira da parroquia porriñesa de Budiño. Os primeiros indicios apuntan a que o home estaba a podar unha árbore no que había un niño destes insectos que el non viu.
Ao lugar acudiu unha ambulancia asistencial do 061 e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) do Porriño. Os sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar, pero só puideron certificar o falecemento de A.G.L., segundo confirmaron fontes sanitarias a Europa Press.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.