Que pasa coa praga que mantén paralizada a produción de patacas no norte de Galicia?

O PSdeG critica a “incerteza” dos produtores ante a inacción da Xunta pola couza da pataca.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/11/2017 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Xa pasaron dous anos dende a detección da couza da pataca, en 2015,  unha praga que a Xunta de Galicia tomou en serio moi tarde, en febreiro de 2017, co que o que comezara afectando a uns poucos concellos esténdese agora, a lo menos, a 32. As primeiras medidas do Goberno galego comezaron en maio deste ano coa recollida da pataca afectada tan só en 4 concellos.

As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan
As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan | Fonte: lapatata.es

Tan só 20 días máis tarde, cando a pataca aínda estaba a ser recollida, a conselleira do Medio Rural deu por controlada a praga nos concellos infestados da Coruña, malia o que un mes despois reuniuse a Comisión de Seguimento desta praga, sen que transcendera ningunha conclusión.

Desde entón, a Consellería remitiulles aos concellos infestados unha circular declarando 32 concellos infestados, sinalando aqueles considerados “tampón” para evitar a propagación e lembrando a prohibición do cultivo nos concellos afectados durante un mínimo de 2 anos.

“INCERTEZA”

“De incerteza considerable”. Así describe o portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, a situación dos concellos afectados pola praga da couza da pataca. O responsable socialista presentou este venres unha pregunta en Comisión para reclamarlle á Xunta un balance das actuacións levadas a cabo nos concellos afectados.

“É o momento de comezar coa compra da semente para plantala nos primeiros meses do ano que vén, e tanto almacéns como particulares seguen sen saber se será posible a súa plantación ou non”, dixo. Por iso, reclamoulle ao goberno galego “transparencia” e “instrucións concretas” sobre as actuacións levadas a cabo para a loita contra a “couza guatemalteca”.

Os socialistas queren saber cal é a situación actual da praga, e reclámanlle á Xunta que faga público o número de tampas colocadas e as capturas rexistradas nas zonas afectadas, especificadas por concellos e provincias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Finezza

Pois iso, que pasa? De todos os xeitos coa cantidade de temas interesantes que hai este sábado a vós non se vos ocorre máis que sacar este??? A ver, a ver, por exemplo... Isto é interesante: https://www.lavozdegalicia.es/notic...