Temas: SANIDADE

“É un escandalo que se estea a adiantar citas aos pacientes que ameazan con acudir á Xustiza”

A Plataforma Sanitaria A Mariña expón o caso dun doente que foi chamado a facer unha resonancia tras reclamar e ameazar con tomar medidas legais, ao ser citado para o seu diagnóstico en novembro de 2018.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 01/12/2017 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

O caso é o seguinte: un paciente ponse en contacto coa Plataforma Sanitaria A Mariña porque quere que se lle axude a facer una reclamación en Atención ao Paciente; o home padece de dor, inchazón e tumefacción no antebrazo esquerdo dende o mes de xullo deste ano; acode ao seu médico de cabeceira, que lle pon un tratamento ao que non responde e por este motivo vai ao Servizo de Urxencias do Hospital da Costa, do cal sae sen diagnóstico e co mesmo tratamento que lle puxeran no Centro de saúde; o problema persiste, non mellora en absoluto, derívano a Reumatoloxía e danlle cita para o 7 de novembro do 2017, solicitándolle analítica, resonancia e radiografías, mais cítano para ver os resultados e coñecer o seu diagnóstico e establecer un posible tratamento o día 26  de novembro de 2018, máis dun ano despois da sua consulta de Reumatoloxía.

Manifestación en  en Viveiro, na praza da Fontenova, en defensa da área sanitaria da Mariña.
Manifestación en en Viveiro, na praza da Fontenova, en defensa da área sanitaria da Mariña.

Por todo isto, o paciente presentou unha reclamación en Atención ao paciente o día 23 de novembro de 2017, solicitando que se lle axilizasen os trámites para diagnosticar e tratar o seu proceso, calificando de "inadmisible" semellante lista de espera. Na reclamación, que ten o número de rexistro  2727, o usuario conclúe que de non axilizarse os trámites tomará as medidas legais que considere oportunas.

O 28 de novembro, o paciente recibe una chamada telefónica na que lle notifican que vaia ao hospital o día 29 de novembro a realizar a devandita resonancia.

Desde a Plataforma Sanitaria manifestan que "é un escandalo que se esté a adiantar citas a aqueles pacientes que ameacen con acudir á Xustiza", xa que ademais de "ser un modo nefasto de administrar a asistenza sanitaria", resulta "inaceptable por pasar por diante de aqueles que non fan reclamación e agardan para ser vistos", denuncian.

A Plataforma Sanitaria esixe á Administración que "se xestione adecuadamente a asistencia sanitaria, non a golpe de reclamacións, senón garantindo que cada proceso patolóxico sexa visto en base a criterios clínicos obxectivos, segundo a súa gravidade, e garantindo uns tempos de espera axeitados, facendo as previsións adecuadas de persoal que garantan a asistenza sanitaria dacordo ás necesidades".

Sinalan tamén que isto "non é un caso illado", senón un "modus operandi do Goberno da Xunta para desprestixiar e desmantelar a sanidade pública co fin de privatizala".

Trátase, din, de "facer negocio coa sanidade e de reservar poltronas nos consellos de administración dos hospitais privados a modo de portas xiratorias".

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Abella malla

Dame a impresión que non é a única amenaza a da xustiza, tamén funciona amenazar con ir a prensa. Coñezo dous casos que sairon en prensa e solventáronse rápido, non sei se casualidades ou otra cousa. Eu mesmo onde vivo había un niño de Avispa asiática e un vecino chamou o 012 e pasaron 3 semanas e non aparece y ninguén e logo chamou outro vecino e comunicou que estaban barallando con ir os medios de comunicación e o día seguirte así estaban os de TRAGSA-TEC baixando o niño das avespas. CASUALIDADE?