Nace un novo partido “galeguista e liberal”

Nos últimos meses en Galicia non deixan de proliferar partidos que pretenden ocupar o espazo galeguista e liberal. O último deles Converxencia Galega (CG) asentado, principalmente, en Lugo e na Coruña, con pretensións de ocupar o espazo popular. Vídeo promocional da nova formación no interior.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/12/2010 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Antes foron outros como Terra Galega, Converxencia XXI ou CDL os que se postularon tamén para ocupar un espazo que CG entende que se pode ocupar porque “boa parte da sociedade galega está farta e non se sente representada por ningunha das tres grandes formaciónns políticas do país”.

None

 Por iso, aposta por un “galeguismo interclasista, progresista no social e liberal no económico”. Pero vai máis alá e quere un “nacionalismo en positivo e integrador, aberto a toda á sociedade galega sen exclusións e cunha clara vocación europeísta e cosmopolita, traballando dentro do actual marco constitucional e estatutario”.

 

Este partido celebrou o seu congreso constituínte o pasado 24 de setembro en Compostela e adoptou unhas siglas que foron registradas hai case 20 anos e cedidas por unha serie de catedráticos lucenses.

 

Lugo e A Coruña

 

Precisamente, é en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais; 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense. Ademais ten previsto presentarse as próximas locais e xa ten constitucídas 26 listas; 8 en Lugo, 6 na Costa da morte, 5 en Ferrolterra, 5 en Pontevedra e 2 en Ourense.

 

Con todo, son conscientes das súas dificultades. “Somos conscientes de que por diante temos un camiño duro e cheo de adversidades”. Por iso afrontan este proxecto político “sen presas, cos pés na terra e unha perspectiva a medio-longo prazo, sen a pretensión de obter grandes resultados inmediatos”. 

 

“Analizar” aos seus militantes

 

A pesar de que algún dos seus militantes proceden doutras formacións políticas,  principalmente TEGA, insisten en que non “darán cabida a persoas que proveñan doutras formacións políticas e que nada teñen que ver connosco ideoloxicamente”. E para iso, “analizaremos previamente a traxectoria de toda persoa que queira integrarse no noso proxecto”.

 

Polo de agora, Xoán Gato, ex-alcalde de Narón e presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, apuntou a posibilidade de presentarse baixo estas siglas para ser candidato en Ferrol.

 

Velaquí un youtube promocional da nova formación:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

17 Xanti

Se algún día un partido da dereita verdadeiramente galeguista gaña unha cadeira en San Caetano xa podemos montar unha festa. O PP sabe perfectamente que ten que torpedear calqueira intento do "nacionalismo liberal" galego por axirse de novo. Tamén hai teorías que falan do BNG interesado nestes asuntos pero iso xa non o teño tan claro. Agardo que algún deles, ou a unión das dúas converxencias acaden isa meta, porque é crucial para Galicia atoparmos unha cuarta forza que verdadeiramente lle reste votos ao PP, porque está visto que nin PSdeG nin BNG acadaran tal meta.

16 Valerí

Outro partido? Pero se a ubre non da para máis! Traballade, contra, e deixádevos xa de xogar con diñerio de todos.

15 onerar

Se os galegos fosen xente normal, habería dous partidos nacionais, un socialdemocrata moderado (con + Galiza, Converxencias, PNG,etc...) e outro marxista independentista (coa UPG, FPG, MPB, etc...). En troques, o que temos son miriadas de partidos repetidos, sen coherencia ningunha, mallandose entre eles. Non hai que facer.

1 Sr_J

Partindo de que estas cousas som política-ficçom... como mínimo se precisariam 4 partidos, já que CXXI nom se pode incluir em nengum conglomerado socialdemocrata (à vista das proclamas ultraliberais com as que nos obsequia puntualmente o seu lider nesta web), e a UPG é anti-independência. Portanto, como mínimo cumpriria ter um pólo liberal, outro social-democrata, outro de esquerda independentista, e outro nacional-popular. Em qualquer caso, o grave nom é que haja moitos partidos, senom que se levem a matar. Se houvera meia dúzia de partidos nacionalistas de esquerdas, mas houvera também cumplicidade entre eles, nom se boicotassem mutuamente, puidessem chegar a acordos para apresentar-se às eleições ou artelhar cousas juntas... daquela a pluralidade nom seria um problema senom mesmo uma riqueza. O problema é o cainismo atual.

14 Hamlet

Poden ser complementarios, abofé que sí. Esperemos unha converxencia de converxencias. Ao respecto do logo: se quitas o carballo e pos unha piña, que sae? Nesta época de mercados e wikiliks, máis ca nunca precísase "credibilidade"

13 Lobo

Vai haber mais partidos liberais-?, que votos