A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, “o espazo transfronteirizo mellor definido en Europa”

Economistas da Universidade de Vigo salientan a capacidade deste territorio para "integrar os dous pobos con máis afinidades históricas e culturais de Europa".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/12/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é, "probablemente, o espazo transfronteirizo mellor definido en Europa". Así o afirman os economistas Xulio X. Pardellas e Carmen Padín, do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal | Fonte: Xunta.

Os economistas aseguran que, polo tanto, "non debe estrañar que a cooperación transfronteiriza e a construción aquí dunha eurorrexión tivese desde finais dos anos 80 evidentes factores favorables, tanto desde a perspectiva institucional, como social, para limitar, cando non eliminar, o negativo «efecto fronteira» e integrar os dous pobos con máis afinidades históricas e culturais de Europa".

Con todo, malia os avances desta eurorrexión, consideran que "este espazo común non é homoxéneo" e sinalan unha "dimensión dual da súa estrutura de relacións".

Así, por un lado salientan que nos dous últimos séculos se evidenciou un "marcado acento atlántico na evolución das dúas rexións" que foi "favorecido polas condicións moito máis favorables das infraestruturas de comunicación próximas ao litoral, que unían as principais cidades" galegas e portuguesas.

Pola contra, destacan que "o eixo interior apenas servía para unha relación fronteiriza moi puntual e con moito menos comercio entre as propias cidades virtualmente configuradoras dese eixo". 

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha
Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha

Foi  a partir da integración de Portugal e de Galicia na Comunidade Europea, a mediados da década de 1980, cando primeiro a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e máis tarde o Eixo Atlántico foron as dúas entidades claves para consolidar o proceso de construción do espazo común da eurorrexión". 

O modelo da Comunidade de Traballo, recordan, estaba fundamentado nunha "xestión da cooperación fronteiriza máis interesada en eliminar as barreiras físicas das vellas fronteiras como factor básico para favorecer o desenvolvemento".

Xa coa constitución do Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular, creado en 1992 co apoio da Comisión Europea, configurouse un "lobby ante Bruxelas para atraer cara a este territorio fondos europeos e investimentos empresariais".

"Parece obvio que os seus obxectivos en realidade eran complementarios e superadas as diferenzas entre as entidades e finalmente integrado o Eixo Atlántico na Comisión de Traballo a mediados da década de 2000, os resultados parecen ser cada vez máis positivos para o conxunto do territorio", explican Pardellas e Padín.

Con todo, recoñecen que se pode observar de novo unha "certa asimetría no protagonismo institucional das dúas entidades, cunha clara inclinación cara ao Eixo Atlántico", o cal, coa súa "maior dinámica non parou de crecer en municipios membros en todo este período, pasando dos seis fundadores ata os 36 integrantes na actualidade".

A EUROCIDADE CHAVES-VERÍN

Pardellas e Padín analizan tamén un dos grandes logros da Eurorrexión, a configuración da eurocidade Chaves-Verín, como "construción exemplar dun espazo transfronteirizo común".

"A eurocidade Chaves-Verín é probablemente o mellor exemplo da cooperación transfronteiriza na eurorrexión, e os seus principais eixos de intervención, a eurociudadanía, un territorio sustentable e a dinamización económica, teñen a coherencia do obxectivo xenérico dunha nova identidade social cun desenvolvemento conxunto", subliñan os economistas.

RETOS

Malia todos os logros acadados, que fixeron que "probablemente, o territorio conxunto constituído por Galicia e a Rexión Norte de Portugal sexa o espazo transfronteirizo mellor definido en Europa, tanto pola súa historia común, como por factores culturais, idiomáticos e de relacións sociais", os autores avisan de que desde o punto de vista da eficiencia no uso dos recursos, "aínda falta unha formulación clara de reordenación territorial nas dúas marxes do río Miño". 

"A singularidade e innegable mellora das infraestruturas de comunicación para persoas e mercadorías, favorece o funcionamento do libre mercado, pero o uso futuro que se faga das axudas europeas (probablemente as últimas que recibamos como territorio de preferencia), no actual período financeiro 2014-2020, será decisivo nunha ou outra dirección", alertan os economistas nun traballo publicado no último número de Polígonos, Revista de Geografía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

7 Heforever

As vantaxas son para os portugueses, que teñen un mercado con maior poder adquisitivo en Galicia, para os seu aeroporto, o leite negro dos seus gandeiros, as súas máquinas para Inditex, etcétera... Para Galicia é un gran empobrecimento, e vende máis a España que a eurorrexion.

1 Aos provocadores de GC

Outro máis ou o mesmo troll de escasas luces? Ides animar así as visitas, con comentarios xenófobos e parvoicies? En fin, ten Galiza unha cidade como Porto, ou os habitantes da área? Emtón é unha soberana-estupidez querer compararse con Porto, Lisboa, Madrid ou Barcelona! E por riba con alcaldes dividindo os galegos, culpa dos portugueses? Nos lácteos Portugal é deficitario, sabíalo? Inditex non chucha dos portugueses? O dito, babosadas racistas.

2 Outro máis

O Norte de portugal ten máis poboación, pero menor renta per capita, por iso é man de obra barata que fomenta a deslocalización e o empobrecimiento en Galicia. Portugal terá deficit de derivados lácteos, pero non de leite liquido, exporta moito a Galicia, polos seu prezo máis baixo, podes ve-las noticias. A Galicia non lle convén a eurorrexión pola deslocalización en tódolos sectores e a competencia desleal das súas subvencions a Sa Carneiro e os poligonos industriais. http://www.campogalego.com/es/leche...

3 Paco da Rosa

Non preciso ver noticias DE PARTE. Entras nun supermercado portugués e miras no cartón: xa sabes CE, ES, LU e uns números de coñecidos envasadores galegos. Todo o leite de marca branca, todo o leite máis barato, o que tira os prezos na Galiza e en Portugal, é todo leite galego. Despois, se queres, infórmate das subvencións municipais, liortas localistas e axudas a liñas e aeroportos galegos, de cantos galegos traballan a diario en Portugal, da balanza comercial, dos investimentos portugueses en Galiza... E cando coñezas a realidade segue inventando inimigos para trolear!

4 g24k

Minte o que queiras, deslocalización, leite negro, axudas ilegais a poligonos e aeroportos e colocarse en chiringuitos...iso é o que queda da eurorrexión inventada.

6 A verdade

Sinceramente algún dos que escribe aquí vai con frecuencia ao Norte de Portugal ou ten negocios alí? Eu creo que non. O Norte de Portugal fai vida no sur de Galicia e o Sur de Galicia no Norte de Portugal, non só de ocio senón que moitas empresas teñen lazos comerciais fortes e estables con intercambio de produtos e mercadorías. Deixando atrás pampadas de independencia ou idioma que falan aquí os de sempre, non existe desprezo por Portugal no sur da Galicia e viceversa como sí ocorre no centro norte do noso país que cren que os "portuguesiños" son atrasados e uns porquiños que comen só nas áreas de servizo. Canta ignorancia. Mellor montade dade unha voltiña pola zona antes de seguir dicindo pampadas nacionalistas coma sempre.

1 eghs

A ver pon un só exemplo do que defendes. Claro que debería ser unha grande oportunidade, polo de agora gracias a xestion de Feijoo tráducese no seguinte, vilas como Cerveira rozando o pleno emprego polos baixos salarios mentres na Galiza 50% de paro xuvenil, traballo precario e o 90% dos novos contratos temporais. Sa Carneiro segue sendo cada dia máis o principal aeroporto d@s galeg@s e o único que fan os grandes xestores do PP e aumentar os localismos dos 3 aeroportos galegos. A mala xestion do porto de Vigo (a gran Corina PP manda) provoca que as mercadorías entren por leixoes... e así infinidade de exemplos coma que tódalas auxiliares de automoción deslócanse o norte de Portugal polo baixo custe do chán e man de obra, ainda por riba o consumo dos galegos en Portugal e similar a inversa polo que tampouco podemos falar de vantaxe neste caso como fai Alemaña coa súa contorna. Dime onde están as vantaxes destes grandes xestores que defendes.

2 Gamela

efectivamente o Sur de Galicia vai camiño de Mangualde (mentras Citroën mengua!) ?

5 planc

E o gran xestor é o da fotografía?.Mal imos...agardando novas xeracións.

4 Historiador

O das "maiores afinidades" fronteirizas é unha mentira, en Austria falan alemán, en parte de Belxica francés, rumano en Moldavia, danés na fronteira de Alemaña. etc.. Por contra aquí diferenciase galego de portugués, e máis ainda é unha fronteira de 1000 anos, que algo diferenciou. Chiringuitos os xustos.

1 Paco da Rosa

A fronteira fixa dos 1.000 anos, ou a túa mentalidade xenófoba, provocadora e necesitada de lindes? Exemplos: número de pasos de barcas que fan as veces de pontes; matrimonios, feiras e comercio mixto; festas, romarías e santos compartidos; pesca en común... arredor do Miño. E había raia seca, permeable, e coutos mixtos... E o bispo de Tui érao do Norte de Portugal, e bispos eran moitas veces portugueses... E os señoríos por terras de Ourense eran portugueses, e Salvaterra foi moito tempo portuguesa... E houbo portugueses defensores da galeguidade (desde Teofilo Braga a João Verde), irmandade entre galegos e minhotos... E tamén houbo e hai nazionalismo (as veces disfrazado de galeguismo isolacionista)!

2 Freixo

Xenófobo repulsivo, só procuras a provocaçom barata e tabernária.

3 8W5E

Salvaterra non foi portuguesa, senón que intentaron conquistala. No antigo rexime había aduanas e impostos para todo, así que pouca relación había.

4 Aos provocadores de GC

Provocador merdeiro, non só Salvaterra (levantaron murallas en 16 anos e deixaran os escudos de Portugal nas portas para que os bobalicóns admiredes), tamén Goián, A Guarda... Hai si, había impostos, e pagábanse o pasar o Miño en Porto Marín ou en Ourense, cando entras os muros de Compostela... por xurisdicións encanto, non por Estados. E das feiras de Valença, exentas de pagos e protexidas, nunca che falaron, nin do San Telmo en Tui con devotos portugueses, nin da Peneda con romeiros galegos... Meu Rei, fáltanche lecturas e sóbrache mala baba!

5 GdJp

Ti confundes a idade media, co antigo réxime, nin Salvaterra foi portuguesa, porque foron derrotados os potugueses, nin había impostos o cruzar as murallas de Compostela no século XVII. O que había era unha fronteira no Miño, e así séculos e séculos de aillamento, nin ponte había ata finais do XIX.

6 Paco da Rosa

Non había ponte de ferro, nin ponte aérea de Coruña a Lisboa... A ridiculez non cansa! Había pontes de barcas, máis de corenta pasos regulares con barqueiro, as pontes daqueles tempos. Tampouco a natureza do Miño ten nada que ver no tramo final, e as pontes de Portomarín, Belesar, Ourense e Castrelo estaban moitos anos arruinadas (será culpa dos portugueses, non había relacions ou había barcas?). Salvaterra non foi gañada senón intercambiada, xa cho expilicou outro. Iso de tomar un tempo limitado para facer valer as túas ideas está moi ben, aínda que a ti acaeche mellor polas ideas o de Salazar e Franco. Non teñas reparos, sempre houbo provocadores fascistas e ti con Portugal tes unha teima moi agarrada.

3 frijoles deixa de enganar

a Xmerda que non sirve para nada, farsa e mais farsa, están a vender fume os pepeiros o gobernó xunteiro que fixo que o atlántico comenzase en fachadolid, aquí esta expaña Xroubando os nosos cartos, roubando a nosa enerxia eléctrica son moi Pporcos os expañolentos e despois van os Xcrápulas a dar lecions a Portugal, pero en Portugal xa saben o que e expaña, Portugal independizouse de expaña via armada, via militar, Xmatando, cortando cabezas, hoxe en día Portugal e un estado libre de expaña, o poden ler os PParvos e os descreídos e os renegadores nos libros de historia

1 Historiador

Portugal independizouse do "reino de León" no século XII, é "reino de León" é como lle chamana a Galicia os historidores españois, logo portugal independizouse de Galicia.

2 Pontoalizando

No século XVII, trás dos 60 anos da era filipina, de quem se independizou foi da coroa hispânica. Catalunha, na sua guerra "dels segadors", pola mesma época ficou às portas.

3 Mais puntos

As dúas independencias de Portugal foron manu militari, contra Galicia no século XII e contra Castela no XVII

4 Mataseparatas 9w

Portugal muertos de hambre, no gracias yo con España