Canto custan as obras de arte do Centro Gallego e que agora será propiedade dunha multinacional?

Feijóo evitaba o pasado xoves confirmar en canto estaban valorados os cadros e obras de arte deste centro mítico da emigración galega. Socios da entidade criticaron duramente ao presidente polas súas declaracións.

Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 26/12/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

13.889.400 pesos arxentinos, uns 665.000 euros. Ese é o valor que o equipo de Tasadores do Banco Ciudad de Buenos Aires calculou ao catalogar as 161 obras de arte que forman o patrimonio do Centro Gallego de Buenos Aires en 2016 cando a intervención da xustiza arxentina decidiu taxalas e incorporalas aos balances contables dunha entidade con débedas millonarias e ante o abismo da quebra.

Ese é un valor de expertos. Non é o seu valor de mercado e moito menos é o prezo que Galicia tería que pagar á historia e a cultura de Galicia se se perdera ou se disgregara un conxunto que é testemuño único da xesta da emigración e da Galicia Ideal. Tampouco coincide co que representa para os socios dun dos refuxios mundiais da galeguidade máis orgullosa. Seoane, Laxeiro, Castelao, Sotomayor, Muñiz, Blanes, Novoa son algúns dos nomes que asinan os cadros e as esculturas que desde hai anos forman parte do Centro Gallego de Buenos Aires.

A pasada semana caeu de canto a moeda que decidía entre a quebra e a venda. As agrupacións que representan aos socios lograron un consenso ao redor de varios puntos mínimos e necesarios para empezar calquera negociación co seu patrimonio. Garantías de asistencia sanitaria de calidade para os socios, que se preserven as condicións dos empregados sanitarios e o uso gratuíto e a perpetudade do emblemático Teatro Castelao, as salas de Presidencia, de Sesións e Otero Pedrayo, asi como as necesarias para preservar o patrimonio historico e cultural da institución que arroupou coa súa Galicia ideal no leito final ao mesmisimo Castelao, no cuarto 202.

Sede do Centro Galego en Barcelona
Sede do Centro Galego en Barcelona | Fonte: tripAdvisor

FUTURO INCERTO

Tras anos de xestións corruptas que o precipitaron a este oprobioso destino, o Centro Gallego de Buenos Aires esta en horas decisivas. Mentres o Goberno arxentino delega na intervención xudicial a xestión da  crise da primeiro mutua do país, o Goberno de Galicia non quere asumir súa responsabilidade na atención sanitaria dos seus cidadáns no exterior e bota sal a unha ferida sen cicatrizar. Feijóo insistía o xoves, a preguntas deste medio, que non podía dicir o prezo desas obras, nin tampouco que ía pasar con ese legado, para "non entorpecer" as negociacións co Goberno arxentino.

Os galegos de ultramar non lle perdoaron aínda o seu esquecemento, tal e como fixo público un dos emigrantes míticos da capital arxentina, o Muxo, e repróchanlle que se preocupe agora por unhas obras de arte que carecen de valor sen o seu contexto histórico e social. Unhas obras que socios e emigrantes queren que sigan sendo custodiadas na Arxentina e polo colectivo que sempre as custodiou, a dos emigrantes galegos.

Remitida pola xornalista arxentina Juana de Calabands.

Postal coa imaxe do Centro Gallego de Bos Aires
Postal coa imaxe do Centro Gallego de Bos Aires
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Alén

Qué triste final para un pobo feito na diáspora

1 Manda

Cada pueblo tiene lo que se merece y un pueblo que se odia h le hace casi a los españoles que quieren que desaparezcan como pueblo es lo que hay pena de castelao el bon e xeneroso