Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/01/2018 | Actualizada ás 18:25
O Russian Classical Ballet chega ás cidades de Pontevedra e Vigo con Afundación, a Obra Social de Abanca, co clásico de P. Tchaikovsky, 'A bela durminte'.
As representacións terán lugar este mércores 3 de xaneiro no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) e o xoves 4 no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), ambas as dúas a partir das 20.30 h. As entradas pódense adquirir en Ataquilla.com.
Russian Classical Ballet é unha compañía dirixida por Evgeniya Bespalova e formada por un elenco de bailaríns graduados polas escolas de danza de maior prestixio internacional como as de Moscova, San Petesburgo, Novsibirsk e Perm, cuxo obxectivo é o de preservar a tradición do ballet clásico ruso.
Baseado no conto 'La belle au bois dormant' de Charles Perrault, este ballet considérase un dos máis senlleiros da danza clásica. Os bailaríns Evgeniya Bespalova, no papel de Aurora, e Denis Karakashev como o príncipe Desiré encabezan esta elegante produción con pezas como «Rosa Adagio» e «Grande Valse Villageoise» compostas por P. Tchaikovsky.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.