V Televisión deixa de emitir

O Colexio de Xornalistas lamenta que Galicia queda sen ningunha televisión autonómica privada na TDT tralo peche da canle do Grupo Voz e pide que os traballadores sexan reubicados noutros medios da empresa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/01/2018 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

Trala emisión das badaladas de fin de ano, sen previo aviso e sen apenas repercusión, V Televisión pasou a negro e deixou de emitir. Canso das perdas millonarias que producía a canle (ata catro millóns de euros entre os exercicios 2014 e 2015), o Grupo Voz parece decidido a deixar morrer a televisión que puxera en marcha en maio do 2010 trala adxudicación do último Goberno popular de Manuel Fraga, quen repartira dúas licenzas de TDT autonómicas.

Sede de La Voz de Galicia no polígono de Sabón.
Sede de La Voz de Galicia no polígono de Sabón.

"A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta o cesamento das emisións de V Televisión, que deixa a Galicia sen ningunha televisión autonómica de titularidade privada na TDT. Así mesmo, solidarízase co persoal da canle e agarda que sexa reubicado noutros medios do Grupo Voz", apunta nun comunicado o CPXG, que engade: "O grupo Voz non emitiu ningún comunicado sobre o que parece o feche da canle, mais as últimas reformas non facían abrigar esperanzas sobre o futuro de V Televisión". A principios de ano, a xornalista Fernanda Tabarés deixou a dirección da canle para pasar a dirixir Voz Audiovisual, a produtora da Corporación.

O Colexio de Xornalistas lembra que "este cesamento de emisións deixa a Galicia sen ningunha das dúas licenzas de televisión autonómica privadas da TDT operativas, dado que Popular TV xa pechara no 2013. A isto hai que sumar que boa parte das licenzas de emisións locais ou comarcais non están tampouco a emitir. Unha vez máis, cómpre destacar que a Administración autonómica ten que ser a garante de que se cumpran as condicións das concesións de frecuencias de radio e televisión, e que pode rescindir as licenzas no caso de incumprimento".

O comunicado do CPXG remata reclamando un novo reparto de licenzas: "A perda dun medio de comunicación supón sempre un prexuízo para toda a sociedade, polo que significa de empobrecemento da diversidade informativa. A redución cada vez maior do panorama televisivo galego impón, agora máis que nunca, un novo reparto de licenzas, que garanta a pluralidade de voces necesaria e consolide o emprego das e dos xornalistas da nosa comunidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 anonimo

Vale, os sistemas comunistas fóronse ao tacho, e o fascismo desapareceu fai moito. Os benegaios viven nun universo paralelo no que todo o que non é BNG é fascismo, no que Franco morreu antonte, e no que todo está cheo de españolistas fascistas. Ese é o seu mundo visto desde una burbulla sectaria.

9 TeñooClaro

Pois alégrome, unha canle galega presa do penoso biligüismo destructor da lingua dos galegos, e paghada por todos nós. Como se non tivésemos bastante con todos os canais de radio e tv que existen. Polo menos tvg é íntrega en galego.

1 BurilACDE

Debe haber moito tempo que non ve-la TVG, pois dista moito de ser íntegramente en galego (Polo menos na nosa casa) Películas en Inglés, subtituladas en galego, os debuxos dos cativos cando están na escola, pre deixalos en mans das estatais de debuxos, entrevistados de todo tipo en castelán, incluso nas publireportaxes.... Non me parecen exemplo de nada.

8 anonimo

" Fascista" quere decir movemento totalitario existente nos anos 30 - 40 do século pasado. Non conservador, en xeral. Xa que logo, non se pode decir que todo o que non sexa BNG é fascista, coma din algún, nun reduccionismo infantil.

1 Antonimo

Meu rei, falta escola: en 1918 hai fascio con Mussolini, hai Estado forte e amante da violencia, o Imperio, a militarización, a economía mixta, o Credo... Nación, Raza, neocatolicismo, centralismo, caudillismo... Inimigo a morte do comunismo, masonería e liberais separatistas (logo xa sabes quen non son fascistas, por moito que algúns o repitan). En España durou até 1975 (e deixou as bases da Constitución do 78, apunta Pío Moa), en Portugal case... E camiña con forza pola Europa do Leste, está de actualidade moi próximo... Logo infantil es ti tanto como os benegaios!

2 Fernando G

Tes razón. O fascismo en Galicia segue moi vivo: patria galega, lingua galega, sindicato nazonal, Galiza irredenta, administración forte, raza galega, antisemitismo, odio a morte a todo aquel que non milite no partido guía, control ferreo dos chiringuitos...Chámase BNG.

3 Ouveos españolistas

Claro Fernando: O fascismo en España segue moi vivo: patria española, lingua española, sindicato nacional, selección española y la Raza, adminitración forte, raza e furia española, antisemitismo (conversión, expulsión ou queimas moi española, tamén dos mouros), odio a morte a todo aquel que non milite no españolismo, control ferreo dos chiringuitos clientelares e da mafia da xustiza, da empresa e da peensa... E os menos de Melilla xurando o trapo no patio do colexio, os de Murcia coa man no corazón mentres escoitan a marcha nacional española, escolares con banderolas españolas aplaudindo os herdeiros de Franco... Chámalle PPsoE, Ciudadanos, Podemos ou PcE. E o BNG serve para manter o españolismo, por iso pacta con PsoE (como as Mareas de Podemos). Contento? Se o fascismo é REACCIÓN contra comunismo e separatismo, só a un reaccionario coma Fernando G se lle ocorre mesturar aceite con auga!

4 Fernando G

É certo. En España ou en Galicia so hai fascistas, aunque tamén la URSS pactó con Hitler. O mundo está cheo de fascitas. Non se como non pos fin aos teus atroces sufrimentos

7 o dacasa

Nada que lamentar,.........debería de desaparecer también "La Coz de Galicia". Grupo similar al Pravda soviético, pero derechista hasta el tuétano..............."hasta nunca"

6 Mmmm

Era unha canle españolista e PPeira, e cunha presenza mínima do galego, pero aínda así era unha canle galega nun mar de emisións españolas, unha mágoa que desapareza, oxalá saquen novas concesións e se estabeleza algunha canle en galego e centrada no país, que é o que precisamos.