Como protexer os 500 ríos de Galicia

Nace un novo ente para controlar e estudar a evolución dos ríos e preservar os seus ecosistemas. O Observatorio Autonómico dos Ríos controlará tamén a información periódica e pormenorizada dos seus caudais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2018 | Actualizada ás 23:44

Comparte esta noticia

Galicia conta con 500 ríos que suman 32.000 quilómetros de redes fluviais. E para controlar ese importante fluxo de acuíferos, o país contará cun Observatorio Autonómico dos Ríos, un novo ente que nace co obxectivo de dar a coñecer os valores dos leitos fluviais. Tamén estudará e controlará a súa evolución e caudais e se encargará da conservación da flora e da fauna que dependen deles para a súa supervivencia.

Reserva da biosfera do río Eo
Reserva da biosfera do río Eo | Fonte: Salvemos Cabana

“A Consellería de Medio Ambiente, departamento do que dependerá, considera que transmitir este valores é parte do compromiso acadado por este goberno coas xeracións futuras”, apunta desde a Xunta.  O observatorio concíbese como un órgano colexiado ao cal, de acordo co principio de colaboración institucional, corresponde o asesoramento sobre o estado ambiental, económico-social e cultural dos ríos de alicia, a elaboración de informes e estudos, e a diagnose e proposta de medidas que axuden a definir as distintas políticas autonómicas de posta en valor dos ecosistemas fluviais de Galicia. 

Este novo ente nade dun modo transversal e interdisciplinar para poder obter información periódica e pormenorizada sobre o estado dos ríos galegos, polo que unha das súas funcións será actuar como órgano de asesoramento, análise e difusión de información periódica relativa á situación dos ríos galegos.

PLANS DE CONTROL

Tamén deberá recoller e analizar información sobre as medidas e actuacións postas en marcha desde as diferentes instancias, públicas e privadas; promover e elaborar plans directores para os ríos galegos, nos cales se recollan as políticas autonómicas respecto á promoción e valorización dos ríos como elementos destacados do patrimonio natural, económico e social galego. 

O río Sil na Ribeira Sacra
O río Sil na Ribeira Sacra

Dentro das súas funcións, tamén destaca a de difundir a importancia dos ríos e os seus contornos naturais e promover boas prácticas na interacción da cidadanía cara a eles, así como promover a colaboración entre todas as institucións implicadas, encamiñada á posta en valor dos ríos galegos. Outra das finalidades coas que nace é a de actuar como foro de encontro interdisciplinar entre organismos públicos e as sociedades civís e do coñecemento e, por último, elaborará informes periódicos sobre o grao de cumprimento e efectividade das medidas adoptadas para a posta en valor dos ríos galegos. 

“Para acadar este reto é imprescindible impulsar a participación, tanto do colectivo de pescadores como da sociedade en xeral”, sinalan desde a Xunta para “poder atender as cada vez máis presentes demandas sociais a favor da conservación da biodiversidade”.

COMPOSICIÓN

Tal e como se recolle no decreto, a sesión constitutiva do Observatorio terá lugar nun prazo máximo de tres meses desde a súa entrada en vigor. Estará formado por unha presidencia, unha vicepresidencia, unha secretaría e un total de 32 vogais e haberá representación das consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Política Social; Medio Rural, Mar e a Axencia Galega de Turismo, por parte da Administración autonómica. 

Haberá tamén representantes dos organismos das bacías competentes no territorio galego, como Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Confederación Hidrográfica do Douro e Confederación Hidrográfica do Cantábrico; así como representantes das tres universidades galegas, das asociacións ecoloxistas que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos ecosistemas fluviais; a Federación Galega de Pesca e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). 

Río Miño
Río Miño
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 LUKE SKYWALKER

CONFEDERACION PIRATA MEU SIL: 5 anos para liñares e cia e pouco mellor 10 anos no penitenciario e polos fora da circulación, teñen que cambiar de vida... ou acaso son a virxe maria, - http://www.elcorreogallego.es/galic...

2 LUKE SKYWALKER

CONFEDERACION PIRATA MEU SIL: 5 anos para liñares e cia e pouco mellor 10 anos no penitenciario e polos fora da circulación, teñen que cambiar de vida... ou acaso son a virxe maria, - http://www.elcorreogallego.es/galic...

1 Lucas

Outro ente para colocar amiguiños. Xa hai unha consellería que tiña que coidar dos ríos non?

1 duboi

Sábados , domingos y si no llega se coge la tarjeta de la empresa y utilizas tu coche particular. Por si surge algo....adonde vamos a llegar. Y si me encapricho de una chica y me manda ir a la cañiza voy.

2 duboi

Sábados , domingos y si no llega se coge la tarjeta de la empresa y utilizas tu coche particular. Por si surge algo....adonde vamos a llegar. Y si me encapricho de una chica y me manda ir a la cañiza voy.