Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2018 | Actualizada ás 10:00
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda creará unha nova subdirección para o que eliminará tres postos de nivel inferior, entre eles un posto de limpador/a, un de subalterno/a e outro de legoeiro/a para financialo. Era a denuncia que facía este luns a CIG-Administración. Unha denuncia á que acaba de contestar a propia consellería.
En declaracións a GC, este departamento suliña que prescindir deses funcionarios de nivel inferior para crear esa nova sudirección ten que ver con “necesidades derivadas da reorganización do conxunto do transporte público por estrada en Galicia”. Unha “necesidades”, di, que deben culminar a finais de 2019.
“Para iso créase unha subdirección e unha xefatura de servizo e amortízanse prazas vacantes”, aseguran. Con todo, aclaran que “non é certo que a subdirección teña só un subdirector”, como denunciaba a central sindical, senón que terá “un servizo, unha sección e un negociado”.
Desde CIG-Administración denunciaran que as consellerías están a aumentar os postos directivos na Xunta, a costa doutros postos de menor categoría e menor salario e “menos interesantes para os intereses” do PPdeG. De feito, responsable da CIG-Autonómica en Compostela, Fulgencio Fernández Martínez, aseguraba a GC que isto débese á “domesticación” que a Xunta busca de parte do seu persoal funcionario que elixe a dedo “xa que funcionan case como persoal de gabinete”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.