A Xunta convoca ao comité de folga de Xustiza a unha nova reunión o vindeiro mércores

A Xunta convocou ao comité de folga do persoal da Administración de Xustiza a unha nova reunión, que terá lugar o vindeiro mércores, día 31 de xaneiro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2018 | Actualizada ás 20:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta convocou ao comité de folga do persoal da Administración de Xustiza a unha nova reunión, que terá lugar o vindeiro mércores, día 31 de xaneiro.

Así o comunicou a Xunta a través dunha nota de prensa na que reiterou a súa vontade de seguir dialogando co obxectivo de chegar canto antes a un acordo, a condición de que "este respecte a legalidade vixente".

O Goberno galego lembrou que xa se chegou a consenso en "varios aspectos da negociación, que redundan en melloras tanto para os propios traballadores como na prestación de servizos á cidadanía. En concreto, chegouse a consenso en tres do cinco asuntos que estaban sobre a mesa, e agora queda a principal diferenza na contía salarial.

A Xunta realizou unha oferta económica que "iguala á media de lso restantes territorios e que mellora as condicións salariais dos traballadores con respecto a comunidades como Cataluña, a Rioxa, Aragón, Baleares, Murcia, Estremadura, Castela e León ou Castela a Mancha. Pola súa banda, as organizacións sindicais reclaman unha subida salarial de 270 euros ao mes, isto é, entre o 12 e o 16%, algo "inasumible para as arcas públicas".

Ademais dos consensos alcanzados e da oferta económica posta sobre a mesa, a Xunta tamén ofreceu melloras adicionais en materia de violencia de xénero, que se aplicarán con independencia do acordo que alcance o comité de folga.

Estas melloras, indicou a Xunta, pasan pola creación de sete prazas de psicólogo para os servizos de atención a vítimas existentes no sete grandes cidades galegas, o reforzo de persoal nos xulgados de violencia sobre a muller naqueles casos nos que sexa necesario pola súa carga de traballo, e o establecemento dun complemento lineal por obxectivos ligados ao traballo en violencia de xénero.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta