Os galegos que pasaron polos campos de concentración nazis

Galicia tamén estivo nos grandes campos de concentración dos nazis. Por alí pasaron preto de 200 galegos, dos que só saíron con vida pouco máis do 25%. A maioría deles eran loitadores republicanos e antifascistas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/01/2011 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

 A historia comeza por Carlos Romero Bebón, de Ares; José Fidalgo Pérez, de Arzúa; Francisco Caamaño Fernández e José Minguez Castro, da Pobra; Jesús Arias López, de Sarria; José Mosquera González, de Ourense; Verisimo Rodríguez Ollero, de Paderne de Allariz e Santiago Durán Durán, de Rivadavia, que entraron o día 6 de agosto de 1940 no campo de Mauthausen, onde foron a parar a maior parte dos republicanos capturados en Europa. E a historia remata co último falecido; Antonio Gómez Torres, de Pontevedra, que morreu o 17 de febreiro de 1945 cando contaba con 30 anos.

None

Un capítulo pouco investigado e pouco divulgado que resulta oportuno rescatar da memoria é aquel que protagonizou un numeroso continxente de cidadáns galegos que, entre 1940 e 1945, morreron nos campos de concentración nazis co beneplácito das autoridades franquistas.


Dos dous grupos en que se dividen os deportados a estes campos, os galegos pertencen na súa maior parte ao primeiro grupo no que estaban os republicanos que pasaron a Francia arredor de febreiro de 1939 diante da inminente caída de Barcelona. Ao comezar a II Guerra mundial foron integrados nas Compañías de Traballadores Estranxeiros e algúns enroláronse no exercito francés e mesmo na resistencia. Coa vitoria nazi en Francia foron conducidos a campos de prisioneiros de guerra e nos meses seguintes identificados pola Gestapo. En agosto de 1940 foron enviados a Mauthausen.


Os primeiros en chegar, o día 6, foron CARLOS ROMERO REBÓN de Ares, JOSÉ FIDALGO PÉREZ de Arzúa, FRANCISCO CAAMAÑO FERNANDEZ E JOSÉ MINGUEZ CASTRO da Pobra do Caramiñal, JESÚS ARIAS LÓPEZ de Sarria, JOSÉ MOSQUERA GONZÁLEZ de Ourense, VERISIMO RODRIGUEZ OLLERO de Paderne de Allariz ou SANTIAGO DURAN DURAN de Ribadavia.


Os datos coñecidos a día de hoxe cifran en 191 os compatriotas galegos deportados dos que faleceron 111, desapareceron 13 (seguramente mortos non rexistrados) e foron liberados 67 en 1945 coa fin da guerra.


O primeiro falecido foi RAMON DIAZ RIBAS de 54 anos, de Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa. Faleceu o 27-xaneiro-1941. O último en morrer foi ANTONIO GOMEZ TORRES o 17-febreiro-1945, tiña 30 anos e era da cidade de Pontevedra. O grande período de exterminio dos galegos nos campos nazis foi entre setembro de 1941 e marzo de 1942. Neses seis meses asasinaron a 76 dos 111 galegos mortos. Os campos de exterminio onde faleceron foron os de Mauthausen e os seus anexos de Hartheim (a 40 km) e sobre todo Gusen (a 5 km). En Hersbruck morreu MANUEL PARDO de Viveiro en 1944.


A morte da maior parte destes deportados corresponde a un período anterior ao exterminio por motivos raciais. Foi un asasinato por motivos estritamente políticos pero utilizando xa métodos de asasinatos en masa, cruelmente planificados seguindo a máxima do campo de Mauthausen: o exterminio mediante o traballo. Ademais a fame, o frío e as enfermidades. Sen embargo tamén se utilizaron as técnicas que logo serían reprobadas coma un dos maiores crimes contra a humanidade: os 18 mortos en Hartheim foron asasinados con gas, entre eles os cidadáns da cidade da Coruña FERNANDO BATALLA CAULE, ADRIANO CASTILLO SOUTELO, JUAN CLEMENTE GARCIA DE LA CRUZ, JUAN GONZALEZ DEL VALLE, JULIO MARTINEZ ARIAS, LUIS RAFALES LAMARCA, e outros veciños de Covas , Dumbría, A Pobra, Zas, Entrimo, Ourense, O Covelo, Pontevedra e Vigo.


Unha mención aparte debemos dedicar á responsabilidade do estado español que nada fixo polos deportados negándose Ramón Serrano Suñer, o Ministro de Asuntos Exteriores, a recoñecer a nacionalidade española dos galegos cautivos polo nazismo. Hoxe coñécese a circular de 25 de setembro de 1940 dirixida pola Gestapo a tódalas autoridades do III Reich na que se indica que os combatentes a favor da República caídos prisioneiros de Alemaña serían enviados aos campos de concentración e desprovistos do carácter de prisioneiros de guerra. Tamén é coñecida unha comunicación oficial dende a Embaixada española en Berlín datada en abril de 1941 informando do internamento de españois en Mauthausen dende agosto de 1940. Os entón responsables do Ministerio de Asuntos Exteriores limitáronse a escribir a man no documento: “no parece conveniente hacer nada a favor de los internados, archívese”. Escrito a man polo Director General de Europa, Pelayo Olay. En consecuencia, os galegos en Mauthausen, foron obrigados a levar o triángulo azul que distinguía aos apátridas do mesmo xeito que os demais presos procedentes doutras comunidades do estado español.


Dende logo resulta curioso este proceder de negar a nacionalidade española aos deportados por parte do réxime franquista que tanto empeño puxera en negar os estatutos catalán, vasco e galego do período republicano. Aos deportados de Cataluña, de Euskadi e aos galegos, o franquismo non só lles negou os seus dereitos nacionais. Tamén os desproveu da nacionalidade española.


O remate da II Guerra mundial trouxo a fin daquel horror para os que quedaban con vida, un de cada tres. O primeiro galego liberado foi MANUEL SANCHEZ JALDA de Vigo, o 15-abril-1945 en Bergen-Belsen, e despois, MIGUEL COLMENERO FERNÁNDEZ de Ribas de Sil. Entre o 3 e o 5 de maio viron a liberdade o resto dos presos que igual que os que quedaran alí mortos para sempre procedían dun amplo abano de localidades do país: Betanzos, Ferrol, a Pobra do Caramiñal, Ribeira, Sarria, Viveiro, Lugo, Castro Caldelas, Maceda, Entrimo, Ribadavia, Bueu, Pontevedra, Redondela, Vigo, Vilagarcía ou Vilanova de Arousa, por citar só algúns lugares de procedencia desta tráxica nómina.


Polas razóns expostas, consideramos que pagaba a pena falar uns minutos no Parlamento destes galegos que escribiron un capítulo heroico nos campos de concentración nazis e instar á Xunta de Galiza a lembrar a súa memoria, que sexan homenaxeados nas conmemoracións do Ano da Memoria e que o Goberno de Galiza promova a investigación histórica dos deportados galegos nos campos nazis.

 

Esta historia pouco coñecida da historia galega foi escrita por Quico Paz na Revista Enclave, editada por Esquerda Nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

5 amparo chantada

No solo en los campos de concentracion de Alemania, recuerden que los republicanos españoles (mi padre Enrique chantada Martinez) fue preso en Bizerta (tunisia) despues metido en campo de concentracion en Argelia condenado a 30 años de trabajo forzado en Constantina en particular de donde salio para Francia para sanarse.

1 xurxosalgado

Estimada Amparo. Poderias poñerte en contacto con nós a través do correo info@galiciaconfidencial.com Estamos interesados na historia do seu pai. Un saúdo

2 Alfonso Núñez

Hola Amparo. Mi mujer tenía un tío abuelo que estuvo en Túnez preso: Fernando Doural González, y creo que era el amigo del alma de tu padre. En un Blog "Republicanos en el Norte de África" se le nombra junto a tu padre, y se dice que murió en el 47 ó 48. Pero nosotros tenemos fotos de finales de los 50 en Argelia, así que no murió en la Península. De algún modo volvió a Argelia, y desde la última fotografía de finales de los 50 ya no sabemos nada más de él. Si quieres contactar conmigo:" aperrachica@yahoo.es " Saludos, Alfonso

4 Xosé

Tamén pasou por Mauthausen Teófilo Caamaño, de Carnota, que puido vivir para contalo fuxindo a nado do campo de concentración, despois andivo de maquis na fronteira franco-española, finou hai seis anos na Coruña. Era tio-avó de Francisco Caamaño Domínguez, o actual Ministro de Xustiza, co que tiña un trato moi directo e coñece mellor que ninguén a súa historia.

3 Manoliño

Seguide dando pena. Que nos campos nazis morreron galegos, eso é certo. Agora ben, todos sabemos que a historia nacionalista é un puro invento, así que a saber o que hai de certo no que se conta.

1 xoan

sigue, sigue xustificando aos nazis. Tampouco sería a primeira vez, franquista

2 Pelis

Ti si que das pena, a historia sempre e sano coñecela, non só a versión tendenciosa que che enseñaron a tí dende o fascismo, pero igual é que tes morriña doutros tempos millores para tí no que puideras borrar do mapa a máis dun.

3 mariñan

"A historia nacionalista é un puro invento" De sempre falar non ten cancelas, e menos cando non se teñen argumentos, non se tentan demostrar e non se aportan datos que asi corroboren as teorias. Acaso manolita, pensas que Galiza non ten unha historia nacional propia!!? Non se destrui toda a documentación historica que fundamenta a existencia dun Reino diferente do resto da peninsula, e toda a terxiversación e ocultismo da historia do Estado que agora se ensina na escola, sobre os demais territorios historicos do Estado, non se pode contrastar debidamente sen amosar a manipulación exercida polo poder gobernante.

4 Manoliño

A verdade doe, pero as cousas son como son. Todo o mundo coñece dos enganos do nacionalismo: sexa nas cifras das manifas, nas caixa AZ que presentou Callón no parlamento cheas de aire, ou nesto último que o presidente da RAE está en contra do uso da topinimia tradicional en castelán, etc. Se de xeito constante minten, non seir porque vai deixar de ser certo que a historiografía de corte nacionalista é un puro invento. Rapaces, que se sabe o leite que dades, todo é imaxe para agachar a falla de apoio social.

2 miguel

Cómo no les va a hartar si ésta información, y muchas otras, les recuerda las atrocidades de los asesinos a los que tanto admiran. Sin embargo tienen mucha suerte porque, a diferencia de lo que hace a diario la caverna mediática, nosotros no nos dedicamos a poner negro sobre blanco, los nombres de los genocidas para que se avergüencen sus familiares y admiradores. A lo peor habría que ir tomando nota así, de paso que se les recuerda lo que hicieron, queda constancia para generaciones futuras.

1 miguelun

Ah, si? Por favor! Comeza cos nomes e apelidos :)

1 Black Crow

Ya me estoy empezando a hartar de la plasta progre, que si la memoria histórica, que si los fusilados de las cunetas, que si los prisioneros de los nazis ... para mi es como si me hablan de los muertos de la guerra de Cuba, o de Zumalacárregui. A ver si se enteran de una vez que no se pueden ganar las guerras en los despachos, caracoles.

1 vaicheboa

http://newsone.com/nation/casey-gan... mira que mal tenhen os blacks! e logho como se gañan as guerrras BC? ilustranos!

2 Andamolho

Desculpe o senhor as molestias que lhe causan estas informacions,e incrible que este barulho o tenhan que escoitar orelhas tan dignas coma as suas.Que se queira a estas alturas saber o que fixeron aqueles,os verdadeiros democratas militares e civis exterminando seres humanos non é de recibo,porque ben seguro que toda aquela escoria rematou onde debia rematar,nas gabias ou nas camaras de gas.Onde senón deben estar os que defenden os dereitos humanos a democracia e a liberdade?.Esta vostede farto de oir,e os demais estamos fartos de calar e fartos de que vostedes queiran censurar a maldade que levan dentro e da que ainda a día de hoxe se sinten orgulhosos e reivindcan de cotio.Os osos daqueles mortos proenlhe nas suas concencias por iso non queren oir, por iso queren calar a voz da liberdade.Necios criminais.

3 Black Crow

A ver cuando los progres reconoceis que realmente los muertos de las cunetas os importan un pepino, que tuvísteis 35 años para sacarlos con gobiernos de izquierda y ahí siguen. Claro, lo vuestro es llorar, quejarse, protestar y dar pena, coño, que los progres solo sabéis dar pena, pero actuar y conseguir objetivos concretos nada de nada. La verdad es que si lo pienso un poco esos muertos dan lástima, seguro que se merecían que los defendiera alguien con lo que hay que tener, no una panda de choromicas moralistas. Porque en eso se ha convertido la izquierda, en unos fósiles llorones que solo saben dar la tabarra. ¡Buahm buah, que malos son los fachas que no nos dejan enterrar a los muertos, buah, gbah!

4 vaicheboa

Repóndome eu mesmo: As guerras ganhanse sendo moi f. de p. e a iso seguro que sempre ganhades "os monolos". http://www.anosaterra.org/nova/o-hi...

5 Andamolho

Aqui o unico choromicas es ti,que eu saiba es ti o que se laia coma unha crianza do malos que somos convosco os demais.Sodes uns covardes que tedes a unica razon da violencia coa forza das armas, fora diso uns pailans queixicas.Lastima os mortos?debiaste ar lasima a ti mesmo que es un cadaver mental,tan morto que as tuas ideas son putrefactas e cheiran a tua miseria humana.

6 Pelis

O nome vaiche moi ben, són un animal carroñero non desprecia o asesinato e a morte xa que se alimenta e progresa con ela, supoño que por iso ti mesmo non te consideras persoa.

7 Black Crow

La postura de un hombre de derechas que tuviera a su padre enterrado en una cuneta y no lo dejases desenterrar sería cojer la escopeta de caza, armarla y metersela por las narices a quien osara decirle que "Tú a tu padre no lo entierras porque está en mi propiedad". Pero ¿Cual es la postura de un "hombre" de izquieras? Pues llorar, berrear, concentrase no se donde, firmar unos cuantos manifiestos, llorar otro poquito, que los reciba ZP o Leire Pajín, llorar mas, manda carallo, como si llorar fuera cosa de hombres. ¡Cuanto daño ha hecho el feminismo a la izquierda!

8 xoan

ahahahah cómo molan estes frikis! Non entendo aos que dicides que non queredes trolls! Nada, que estes cosmopaletos non só non dan saído da caverna, senón que cada vez se afunden máis: franquismo, nazismo, racismo, machismo... E sin complexo de ningún tipo! Qué será o seguinte que nos queren vender estes dexenerados? O imaxino, pero é máis elegante non dicilo

9 mariñan

Esta claro que pos "non progres" as cousas non deben cambiar, que os conservadores ven as cousas como queren pola extraña hipocresia moral de que todo foi construido dende a sua hexemonia estatal, violenta e terrorista contra todo o diferente, e como vemos nesas siguen, en ocultar a verdade, en mentir e terxiversar, mais non son quen de dar a cara, de sair a luz ou a rúa, e mostrarlle o pais como pensar e o que desexan facer, saben que con iso perderan calquer lexitimidade e respeto da sociedade.

10 vaicheboa

Sarah Palin loves Cuervo Tenebroso!!!!!