Temas: CAZA RAPOSOS PACMA

A bucinazos para salvar raposos dunha masacre

Activistas utilizaron bucinas para escorrentar aos raposos no polémico campionato de caza en Forcarei. Vídeos no interior.

Por Europa Press / Redacción | Forcarei | 03/02/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Integrantes do Partido Animalista PACMA tentaron este sábado salvar a vida de centos de raposos facendo soar as súas bucinas para escorrentar a estes animais e evitar así que fosen cazados no campionato desenvolvido este sábado en Forcarei (Pontevedra), no que "non se abateu ningún animal", aseguran os animalistas.

Cazadores con raposos mortos
Cazadores con raposos mortos | Fonte: Clube de Caza de Pobra do Brollón

PACMA documentou mediante varios vídeo actividade que realizaron este sábado, escorrentando con bucinas aos animais, e que se enmarca nas accións que o partido iniciou en Galicia para tentar paralizar a IX Copa de España de caza de raposo, no marco da campaña #YoNoDisparo.

Ademais da medida para evitar a caza do raposo, PACMA denunciou o "amoreamento dos cans dos cazadores nos remolques". Durante os próximos días, a formación anuncia que continuará o seu traballo para tratar de conseguir a prohibición definitiva da caza do raposo. Así mesmo, PACMA solicitou información sobre os estudos e plans nos que se basea a autorización da IX Copa de España de Caza de Raposo.

Nesta liña, o Partido Animalista engadiu que estes campionatos son unha excepción aos días hábiles de caza recollidos na resolución do 19 de maio de 2017, polo que "debe estar avalada por informes que proben que a poboación de raposos require estas batidas".

PACMA sostén que "non hai ningún estudo publicado sobre a cantidade de raposos existentes en Galicia", polo que "os campionatos se converten en concursos sen límite, onde o obxectivo é matar cantos máis exemplares mellor".

Para os animalistas, estes eventos "non só atentan contra a vida dos animais, senón tamén contra a biodiversidade e o medio ambiente".

"Galicia converteuse nun campo de batalla para os raposos, que están a ser perseguidos polos cazadores, co beneplácito e a autorización da Xunta de Galicia", conclúe esta organización.

Temas: CAZA RAPOSOS PACMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Xabi

Acho que nom há caça mais injustificada que a do raposo, com a excusa de retomar o equilíbrio que eles mesmos e a agrogandeiria intensiva provocaram. E para deixá-los tirados no monte, denigrante

4 Ai si claro

A caza, un deporte no que hai que pasar exame do cazador, exame de permiso de armas, sacar licenza da Xunta, licenza federativa, pagar tazas, ter seguro, adaptarse á orde anual de verdas, cazar nun Tecor con proxecto de ordenación, con plan anual de caza, con autorización de soltas e de melloras,.... Este deporte o Pacma e os progres perségueno. Agora ben ir pasear polas leiras dos demais sen pagar un peso recomiendo setas, molestando crías e animais, pisando cultivos, rompendo peches e cancelas, tirando lixo, destrozando camiño e pistas...eso vale, como el campo es de todos.

1 Francisco Franco

Populista

2 Nieve

Deporte? Ou masacre intencionada? e por enriba con carto público. Estades de broma ou?

3 nostrus

Os de PACMA tamen poden usar as bucinas para entorpecer aos raposos cando cazan as pitas.

1 ide cazar xabaris homiños

por favor non xulguen a toda un.ha especie que alegra o monte galego e que cumpre co que Deus na sua sabiduría a puso no monte para controlar os ratos e ratas e roedores, o raposo e gran traballador e animal de gran bonitura, polo que poda facer algún descarriado o alcoolizado por comer as uvas fermentadas das vides despois da colleita... señores o que di monstruos e un mito moi alonxado da realidade, desde aquí felicitar os héroes e loitadores da democracia do nacionalismo do animalismo e do ecoloxismo (sobre todo deste ultimo) tan denostado por ignorantes ignotos como mosntruos e cia (pepeiros)

2 Portugaliza

Bem feito, caçadores de raposo são cob**de es**malha

1 kpMy

Adiante Pacma!