Temas: SANIDADE

SOS Sanidade Pública acusa de "cerrazón e soberbia" ao PP pola súa "falta de diálogo"

O presidente da plataforma di que "o único discurso que parece ter o PP é negar a realidade, negar a situación tan dramática" da sanidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2018 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

O portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, acusou de "cerrazón" e "soberbia" ao Partido Popular, pola súa "falta de diálogo" tras a manifestación do domingo que reclamou a retirada do proxecto de reforma da lei de saúde de Galicia.

SOS Sanidade Pública critica a renuncia ao antigo Cíes.
SOS Sanidade Pública critica a renuncia ao antigo Cíes.

"Quedámonos moi sorprendidos pola falta de vontade de diálogo que ten o grupo parlamentario popular e, sobre todo, a vontade de ignorar á poboación que o domingo expresou dunha maneira masiva o seu rexeitamento a este modelo de decreto e ao decreto en si mesmo", aseverou Martín, en declaracións aos xornalistas nos corredores do Parlamento, onde foi saudado polos líderes da oposición.

Cando aínda non se votaran as emendas de devolución da oposición, pero tendo en conta o ton do debate, no que o PP cualificou de "mantras" as críticas, o portavoz de SOS Sanidade Pública concluíu que "non hai ningunha vontade de diálogo" nin de modificar "os aspectos máis prexudiciais para a sanidade pública da contrarreforma".

Ao seu xuízo, "o único discurso que parece ter o PP é negar a realidade, negar a situación tan dramática que está a supor para a sociedade galega, sobre todo a máis dispersa" e que, segundo dixo, a nova norma "pretende consolidar".

Despois da marcha do domingo, na que a plataforma trasladou unha "oferta de diálogo" á Xunta, Martín lamentou que o que "atoparon" este martes na Cámara galega "foi cerrazón, soberbia e unha falta de vontade de diálogo" que estima que "non é boa para a sanidade deste país".

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta