“Feijóo sacrificou o benestar dos galegos para pagarse a súa carreira política en Madrid”

Luis Villares acusa ao presidente galego de recortar na sanidade, servizos sociais, educción, xustiza ou infraestruturas para “tentar entrar na sucesión de Feijóo”. “Probablemente, cando vostede non sexa deputado eu seguirei sendo presidente se os galegos queren”, respóndelle o presidente galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/02/2018 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

“Cantos sacrificios temos que facer os galegos para pagarlle a carreira en Madrid?. Foi a pregunta que este mércores lle espetou o voceiro de En Marea, Luís Villares, a un Alberto Núñez Feijóo que non tardou en responderlle. “Non lle queda nada a vostede por aturarme. Probablemente, cando xa non sexa deputado eu seguirei sendo presidente se os galegos queren”, dixo.

Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, no acto no Parlamento galego no que o líder do PPdeG prometeu o seu cargo como presidente da Xunta
Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, no acto no Parlamento galego no que o líder do PPdeG prometeu o seu cargo como presidente da Xunta | Fonte: TVG.

E o certo é que a sesión do control no Parlamento galego xirou, principalmente, en torno ao recorte dos servizos públicos e o futuro político de Feijóo a quen moitos medios madrileños sitúan na carreira sucesoria de Rajoy. Dous temas que para os líderes da oposición están unidos. E así llelo fixo ver Villares que acusou ao presidente galego de “sacrificar o benestar dos galegos para para pagarse a súa carreira en Madrid”. 

Neste sentido, suliñou que, grazas a ese afán por ir a Madrid de Feijó, os galegos teñen as peaxes máis caras do estado, menos sanidade, menos educacion e peor xustiza. “Canto nos vai custar aos galegos que vostede sexa importante en Madrid?... Cantas listas de espera, cantos colapsos sanitarios, colapsos na xustiza polas súas ambicións por ir a Madrid?”, insistiu Villares que acusou ao xefe do Executivo galego de "recortar" en Galicia para ser "sumiso" a Madrid. 

QUEDAR EN GALICIA

Un Feijóo visiblemente  molesto foi contundente na súa resposta. “Señor Villares non lle queda nada para aturarme como presidente da Xunta. Probablemente cando vostede non sexa deputado eu seguirei sendo presidente se os galegos queren”, espetoulle. Previamente, o líder de En Marea ironizou que saíulle outro "duro competidor", en alusión ao ministro de Fomento, Íñigo Gómez de la Serna.

Feijóo con Mariano Rajoy e de la Serna  na inauguración da AP-9 en Santiago.
Feijóo con Mariano Rajoy e de la Serna na inauguración da AP-9 en Santiago. | Fonte: @marianorajoy

“E non está para dar leccións un señor a quen non invitan nin as xuntanzas dos grupos do seu propio partido”, ironizou. “Estas bromas de Madrid non me importan. Xa estou acostumado e fálanme delas desde que chegue á política en Galicia”, indicou ao indicar que está “moi contento” aquí como para marchar a Madrid. 

Non foron as únicas alusións ao seu futuro político. Tamén a voceira do BNG, Ana Belén Pontón, botoulle en cara que “pense máis en Madrid” que en Galicia e que teña desatendidos os servizos públicos do país polas batallas políticas pola súcesión. 

Pero, o líder popular non saíu do guión. “A miña decisión é quedar”, insistiu. “Confunde desexos con realidade porque para min estar en Galicia é unha honra e farei o que me digan os galegos”, contestoulle á dirixente nacinalista.

En todo caso, estas declaracións contrastan co que o propio Feijóo ten dito sobre o seu futuro político en Galicia, xa que ten suliñado en varias ocasións que non se ve máis alá de doce anos no cargo. Con todo, previamente, tamén tiña manifestado que consideraba que os ciclos politicos deberían durar dúas lexislaturas. E, pouco despois de apuntar isto presentábase, novamente, a unha terceira reelección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Breogán

Nos peares a peroxa ourense calquer morador do lugar é máis ilustre co delegado da sucursal de madrid na Galiza.