A industria do eucalipto pon en perigo a outra especie galega, o acivro

A Xunta deroga o decreto que declaraba protexida esta árbore dende 1984. Adega considera que o Goberno galego actúa para beneficiar ao "lobby pasteiro-enerxético".

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/02/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta acaba de derogar o decreto que declaraba protexido ao acivro dende 1984, aproveitando a modificación do Observatorio de Educación Ambiental tal e como recolle o DOG do pasado 8 de xaneiro.

O acivro (Ilex aquifolium, L.) xoga un papel fundamental na ecoloxía das comunidades boscosas e de montaña, representando unha valiosa fonte de alimentación para especies tan emblemáticas como o oso ou a pita do monte, hoxe ao bordo da extinción. As masas de acivro son ademais un hábitat de interese comunitario (9830 Bosques de Ilex aquifolium) e hai estudos que apontan á redución da súa superficie de distribución nos últimos anos.

Por iso, Adega considera "lamentábel" a derogación do decreto. Primeiro, "polo xeito subrepticio de modificar pola porta de atrás" a lexislación ambiental e sen ter en conta aos organismos consultivos (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Observatorio Galego da Biodiversidade). E, despois, "pola falla de argumentos científicos e sociais que xustifiquen esta medida".

"Resulta tamén inexplicábel a desprotección dunha das primeiras especies protexidas oficialmente (Orde do 10 de decembro de 1984,DOG nº 240, do 15 de decembro de 1984), tendo en conta que socialmente é moi valorada, e sendo xa un símbolo de conservación dos noso bosques e fragas. Para unha especie que a cidadanía coñece e respecta, vai a Xunta e a desprotexe", indica este organismo nun comunicado.

ESPECIE "PARAUGAS" CONTRA O EUCALIPTO

A protección do acivro servía tamén de paraugas para moitas outras especies dos bosques e montes galegos. Coa súa presenza, e a obriga legal de respectar os exemplares, "dificultaba o traballo das motoserras", segundo Adega, contribuindo a preservar carballeiras, soutos ou faiais.

"Con esta medida, a Xunta confirma o seu liderado na desprotección de hábitats e especies naturais e manda unha mensaxe moi clara ao lobby pasteiro-enerxético: xa hai un atranco menos para estender o seu negocio polos poucos redutos de bosque autóctono que aínda quedan", queixanse desde Adega.

Acivro en flor
Acivro en flor | Fonte: Adega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Pedante

Sen entrar en eucaliptos vs acivros, que é un conflicto inexistente, a orde do 1984 levaba sen valor desde 1990, cando se derrogou o decreto que a orde desenvolvía. Por certo, en galego é derrogar ou revogar ou abrogar, mais non derogar.

3 Ipg

Esta Xunta só move os seus fíos para estragar o que temos. Masifican o camiño de santiago, os peregrinos veñen cunha Galicia idealizada na imaxinación que axiña se lles derruba, ao ver o feísmo por cada recuncho, as aldeas e vilas avellentadas, a invasión do eucalipto sen xeito ningún e a cobiza de moitos hostaleiros á beira do Camiño. Pois agora, xa será máis difícil ver outra compoñente do bosque auténtico do norte peninsular, o acivro. Así fan coa lingua e co que se lles poña por diante aos pepeiros bulldozers

2 anonimo

El acebo es tan gallego como asturiano, cántabro o castellano, por poner sólo los 3 ejemplos más cercanos en los que se encuentra esta especie arbórea. Uno de los mayores acebales de Europa, está en la provincia de...SORIA. Por lo tanto, tildar de "gallego" al acebo, como si de un endemismo se tratase, es rizar el rizo de la manipulación política y cultural de la que este diario hace gala en tantas ocasiones. El castaño fue traído a España por las legiones romanas y la villa de Carballo tampoco toma su nombre del nombre gallego del roble, árbol que tampoco es “gallego” a la manera de Galicia Confidencial”. Saludos.

1 ignorantes opinan

O castiñeiro non foi traído a Galicia polas lexións romanas, ignorante. Atopouse pole de castiñeiro en estratos moito máis antigos. De nada.

1 En fin

Esta noticia é pouco seria..... É máis, que se culpe as plantacións de eucalipto cando a presenza de acivro nas mesmas é ínfima, é de manipulación total. Adega debería dicir por qué nas transformacións de terras forestais a agrarias, as cales no 90% se produce sobre masas de frondosas nas cales sí existe en moitos casos presenza de acivro cala a boquiña. É máis, debería dicir que a presenza de frondosas está na súa maioría próxima a terras agrarias que tras o seu abandono polos 70, xeraron de xeito natural estas masas, sobre as que non se exerce presión de plantar eucalipto. Deixade en paz o eucalipto e non sigades mentindo, manipuladores.