Buscando a onda perfecta na Costa da Morte

Coñecidos surfeiros como Axu Muniain ou Sebastian Steudtner estiveron esta fin de semana nas praias de Corme na procura de ondas XXL.

Por Galicia Confidencial | Corme | 14/02/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Esta fin de semana a Costa da Morte tivo unha nova visita ilustre. Unha visita que comeza a repetirse, a do gran surfeiro Axu Muniain que anda sempre na procura dunha boa onda salvaxe. E a Costa da Morte xa ten demostrado que ten un mar bravío, polo que cada ano volve a esta bisbarra, en pleno temporal, para cabalgar a coñecida como onda Mutante, unha gran onda que só se pode ver nesta comarca.

Un surfeiro colle unha onda xigante na Costa da Morte
Un surfeiro colle unha onda xigante na Costa da Morte

Acompañouno Sebastian Steudtner, bicampeón mundial das olas XXL. Tamén contaron coa compañía do muxián Felipe Sar, gran surfeiro e coñecedor das mellores praias da Costa da Morte para coller grandes ondas. Pero, nesta ocasión, non houbo tanta sorte, e só se puideron conformar con ondas XL. O sábado foi un día completo, e conseguiron rubir grandes ondas. O domingo baixou o mar e cambiou o vento e non houbo sorte, e o luns probaron en Nemiña.

Desde a Asociacion de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), que  patrocinou parte da viaxe do  mundialmente coñecido surfeiro, amosáronse “encantados” con esta visita. “Pensamos que a Costa da Morte ten un potencial enorme para este deporte e consideramos que todo o que teña que ver coa práctica de deportes, así como os diferentes campeonatos e demáis eventos deportivos que se podan propiciar na Costa da Morte implican o maior coñecemento do noso entorno, e polo tanto, un aumento de visitantes no Xeodestino”, indicaron.

Coa colaboración de QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MARYSX

Acompañouno Sebastian Steudtner, bicampeón mundial das olas XXL. Tamén contaron coa compañía do muxián Felipe Sar, gran surfeiro e coñecedor das mellores praias da Costa da Morte para coller grandes ondas. Pero, nesta ocasión, non houbo tanta sorte, e só se puideron conformar con ondas XL. O sábado foi un día completo, e conseguiron rubir grandes ondas. O domingo baixou o mar e cambiou o vento e non houbo sorte, e o luns probaron en Nemiña Barcelona.