Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2018 | Actualizada ás 15:30
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fonte Parga, será xulgado a partir deste luns no Xulgado do Penal número 2 de Lugo pola concesión supostamente irregular de 45 licenzas para construír vivendas nesta localidade lucense.
Ademais do rexedor que en 2015 deixou o Partido Popular, sentarán no banco outro cinco concelleiros que compuñan a xunta de goberno local, así como a arquitecta municipal que, segundo sinala a Fiscalía no seu escrito de acusación, emitiu informes "favorables" á concesión das licenzas "en case todos os expedientes".
E é que o Ministerio público considera que todos eles "votaron unanimemente a favor" destas licenzas "sendo coñecedores da situación do chan da localidade" e da "imposibilidade" de dar resposta ás necesidades de servizos básicos para a execución das vivendas.
Por iso, a Fiscalía considera a todos os implicados presuntos autores dun delito de prevaricación urbanística. Así, para o alcalde, pide unha pena de dous anos de cárcere e dez anos de inhabilitación especial para o emprego ou cargo público en calquera administración local, autonómica ou estatal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.