Por Moncho Mariño | O Barco | 25/02/2018 | Actualizada ás 10:00
A posta en marcha do Colectivo de Pensionistas de Valdeorras, quere agrupar a afectados, sumar esforzos e conseguir unha situación que garanta unha vida digna nos últimos anos dos maiores e pensionistas.O colectivo nace tendo enconta que as subas anuais do 0,25% son "unha burla a cidadanía máis dependente e converten en papel mollado o artigo 50 da Constitución que o PP tanto dí defender".
A aposta por defederen os seus dereitos como pensionistas de maneira colectiva obedece a que "o dereito a recibir unha pensión ven da obrigatoriedade de cotizar durante toda a vida laboral á Seguridade Social". De aí que non sexa "un imposto que pagan os empresarios e os traballadores". Toman a concepción da cotización como o "salario diferido que custodia o estado para que sexa o garante das nosas achegas e así ter cubertas as situacións de enfermidade, viudez e vellez".
SOLUCIÓNS CO PACTO DE TOLEDO
As persoas que participaron nesta asemblea manifestaron a necesidade de procurar solucións arredor do Pacto de Toledo e "impedir que o Fondo de Pensións, que contaba en 2010 con 86.000 millóns de euros se siga descapitalizando" . Dita descapitalización serían as quitas que se fixeron no fondo de pensións para a redución do déficil que impoñía a UE. Por outra parte, consideran que os plans de pensións privados "obedece soamente aos intereses da banca, e non son garantes do futuro das prestacións para os cidadáns".
O Colectivo de Pensionistas de Valdeorras ten programadas concentracións na praza do concello do Barco para os días 1 e 22 de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.