O narco Sito Miñanco declárase en folga de fame en protesta polo trato recibido no cárcere

O narcotraficante, que se atopa na Lama, enviou o un escrito a Instituciones Penitenciarias e aos xuíces Carmen Lamela e José Luís de Castro.

Por E.P. | MADRID | 26/02/2018 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, declarouse en folga de fame como protesta polo trato recibido no cárcere da Lama (Pontevedra) á que foi trasladado para asistir este martes ao xuízo contra el e varios familiares por branqueo de capitais que terá lugar na Audiencia Provincial.

Momento da detención de Sito Miñanco na operación Mito
Momento da detención de Sito Miñanco na operación Mito | Fonte: Europa Press

Sito Miñanco enviou o sábado un escrito a Instituciones Penitenciarias anunciando que iniciara unha folga de fame indefinida, segundo confirman fontes penais, que explican que ao interno se lle aplica o protocolo de vixilancia en vigor para estes casos.

O narcotraficante, que se atopa en prisión provisional de novo tras ser detido pola Policía Nacional, remitiu o mesmo escrito á xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela e ao xuíz central de Vixilancia Penal, José Luís de Castro, segundo adiantou este luns El País.

Segundo o auto polo cal Lamela acordou os rexistros de case medio cento de domicilios e oficinas vinculadas coa organización, a rede que dirixía Sito Miñanco tentou introducir sen éxito en España máis de 4.000 quilos de cocaína en dous operativos diferentes que foron truncados polos investigadores que lle seguían a pista desde 2016.

Na Audiencia Provincial de Pontevedra, o histórico narcotraficante enfróntase a unha petición da Fiscalía de seis anos de prisión por branqueo de 10 millóns de euros entre 1998 e 2007 mediante a compra de pisos a través da inmobiliaria San Saturnino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta