Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2018 | Actualizada ás 12:38
O vicepresidente da Xunta e responsable autonómico de Xustiza, Alfonso Rueda, está disposto a sentar na mesa de negociación para tratar de desatascar o conflito que derivou nun paro indefinido dos funcionarios da Xustiza desde o 7 de febreiro. Pero porá unha condición: que se suspenda a folga.
Após participar no acto de presentación da imaxe institucional con motivo do 8 de marzo, o vicepresidente apelou a negociar "sen escusas" e avanzou a súa vontade de sumarse á mesa de diálogo, como os sindicatos piden desde hai semanas, a condición de que "os cidadáns deixen de ser reféns da folga". Ao seu xuízo, "non é unha condición" senón "unha proposta lóxica".
Aínda que non concretou cifras, preguntado acerca de se a súa presenza na mesa negociadora —xunto co resto de compoñentes que a integraron até agora— iría acompañada dunha nova oferta de suba salarial para o colectivo, non o descartou e esgrimiu que, se se retoman as negociacións, farase co obxectivo de chegar "a un acordo". Isto supón unha novidade, xa que a Xunta mantivo nos últimos días que non ía modfiicar as propostas que rexeitaron os sindicatos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.