Temas: FOLGA XUSTIZA

Sindicatos non aceptan "chantaxes" do vicepresidente Rueda e non levantarán a folga na Xustiza para negociar

O vicepresidente dixo estar disposto a unirse á mesa de negociación, pero con condicións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2018 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Sindicatos da Xustiza que integran o comité de folga dos funcionarios do sector en Galicia, en folga indefinida desde o pasado 7 de febreiro, non aceptan a condición que este mércores o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lles puxo para sentar con eles na mesa de negociación e non levantarán o paro antes de ter unha proposta.

Protesta funcionarios de xustiza
Protesta funcionarios de xustiza | Fonte: Europa Press

"Non aceptamos chantaxes, esa será a postura do comité", trasladaron a Europa Press portavoces de distintas centrais sindicais con representación neste órgano, no que están integrados SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, STAJ, CSIF, CIG e CC.OO.

"Se Rueda quere sentar connosco, esa é a súa obriga, pero non imos parar ningunha folga antes de negociar", coincidiron os responsables sindicais consultados, quen están aínda pendentes de recibir o escrito anunciado por Vicepresidencia, para decidir se manteñen para o venres a reunión de coordinadores prevista ou a adiantan.

"Non se vai desconvocar o paro mentres non haxa garantías de que a posición da Xunta é outra. Primeiro, que sente, ver a proposta que nos trae, analizar se sería aceptada polos traballadores, e se é aprobada por eles, desconvócase a folga. Ese é o procedemento", resumiron.

Temas: FOLGA XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta