Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 02/03/2018 | Actualizada ás 08:35
A voz e a palabra contra a censura. Aconteceu este xoves en Vilagarcía. A voz e a palabra puxérona estudantes dos catro institutos desta localidade. O seu obxectivo, loitar contra a censura dun xulgado de Madrid que decretou a incautación do libro Fariña. E fixérono cun acto masivo a favor da liberdade de expresión e das ideas.
Por iso, Auditorio de Vilagarcía de Arousa enchouse de rapaces e de maiores que pretendía reivindicar a liberdade das lectoras e lectores deste país. E alí leron fragmentos do libro de Nacho Carretero sobre o narcotráfico nas Rías Baixas.
Acompañados polos seus profesores, as mozas e mozos reflesionaron deste xeito sobre a liberdade de expresión e sobre a importancia que a literatura ten na sociedade actual. Acompañaron ás mozas e mozos, o actor Carlos Blanco, a concelleira de cultura da localidade, Sonia Outón, e Carme Durán representando á Fundación Baltasar Garzón.
Tal e como suliña Xavier Campos, un docente dun dos institutos, o acto, que partiu do profesorado, foi sumando numerosos apoios. "Contamos co apoio loxístico do Concello, pero está totalmente desvencellado de calquera partido político, sindicato ou asociación", apunta en declaracións a GC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.