Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/03/2018 | Actualizada ás 12:18
Había enorme expectación por ver a entrevista do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con Jordi Évole no programa 'Salvados' de La Sexta. A cadea xa se encargara nos días previos de facer unha boa campaña promocional, poñendo o acento nun tema agora de máxima actualidade e que no pasado zarrapicou ao actual presidente do Goberno galego: o narcotráfico en Galicia e a súa relación coa política. O polémico secuestro xudicial do libro 'Fariña' de Nacho Carretero serviulle como perfecta escusa a Évole para retomar o escándalo no que se veu envolto o presidente da Xunta cando se revelaron fotos súas nun iate co narcotraficante Marcial Dorado. Un escándalo non resolto e que segue manchando a imaxe pública de Feijóo.
A entrevista, emitida este domingo, 4 de marzo, converteuse na principal tendencia nas conversas de Twitter en España, onde a etiqueta #FeijóoSalvados —proposta polo propio programa de La Sexta— reuniu 15.172 chíos entre as 16.26 horas —cinco horas antes de comezar a emisión— e as 23.59 horas.
O momento de ouro foi ao comezo do programa, arredor das nove e media da noite, cando se chegaron a contabilizar até 6.792 tweets coa etiqueta #FeijóoSalvados.
Os chíos de Jordi Évole e da conta oficial do programa 'Salvados' foron os que máis impacto tiveron. E entre estes, os máis rechouchiados foron os que se referiron á relación de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado, o tema estrela en Twitter: os tres tweets máis rechouchiados foron mensaxes sobre este tema que aínda mancha a reputación do presidente da Xunta de Galicia.
Entre os dez chíos máis populares coa etiqueta #FeijóoSalvados, catro mencionaron a relación de Feijóo con Dorado. Pero entre os chíos con máis retweets, os de máis éxito, tamén houbo críticas á opinión do presidente galego sobre a folga feminista convocada para este 8 de marzo; ao borrado da pintada nun muro na aldea de Feijóo, Os Peares, onde se realizou a entrevista, na que se lía “I hate Feixóo. Me too” ("Eu odio a Feixóo. Eu tamén"); a xestión da sanidade e da educación públicas, ou a súa candidatura a suceder de Rajoy.
Entre críticas e manchas do pasado que aínda non se borraron, no cuarto posto dos chíos máis populares coouse o propio Feijóo, cunha mensaxe na que agredeceu o amplo seguimento que tivo a súa entrevista e na que xustificaba así a súa intervención: "El criterio para acceder a una entrevista no debe ser si es más o menos favorable. Siempre es una buena ocasión poder mostrar Os Peares, mostrar Galicia".
TWEETS CON MÁIS RECHÍOS | Rechíos | |
RT @jordievole: - ¿Ha visto 'Narcos'? - No. - Bueno, narcos sí ha visto... pero me refiero a la serie. #FeijóoSalvados |
1171 | Tweet |
RT @salvadostv: #FeijóoSalvados | Feijóo hizo, al menos, 5 viajes junto al narco Marcial Dorado a finales de los 90. Asegura que no sabía quién era, aunque su nombre apareció centenares de veces en la prensa. De esa relación habla el libro que le hemos regalado: #Fariña https://t.co/Yk8QTqJcuS |
530 | Tweet |
RT @Kela_la_la: ¿Para qué leer Fariña cuando lo has vivido en primera persona? #FeijóoSalvados https://t.co/LcpCnLqllQ | 240 | Tweet |
RT @FeijooGalicia: Gracias a todos por seguir #FeijóoSalvados. El criterio para acceder a una entrevista no debe ser si es más o menos favorable. Siempre es una buena ocasión poder mostrar Os Peares, mostrar Galicia | 235 | Tweet |
RT @Cazatalentos: #FeijóoSalvados pasaba las fiestas navideñas en el chalé que Marcial Dorado tiene en la Isla de Arousa, sin conocerlo de nada. También asistían otros narcos, que tampoco conocía de nada. | 221 | Tweet |
RT @RubenSanchezTW: Lo que deja #FeijóoSalvados es que no te puedes fiar de lo que diga el presidente de Galicia. Una opinión y la contraria en menos de un minuto https://t.co/ovswDL7gjd | 189 | Tweet |
RT @cristina_pardo: Si Feijóo no contempla que Rajoy se retire, me pregunto por qué ha empezado ya la gira. #FeijóoSalvados | 183 | Tweet |
RT @salvadostv: Defiende la sanidad y la escuela pública. No siempre la practica. #FeijóoSalvados https://t.co/oF9SFWVKQo | 142 | Tweet |
RT @salvadostv: “¿Por qué la huelga del #8M la han convocado ahora?” #FeijóoSalvados https://t.co/qgfFZPSPxx |
141 | Tweet |
RT @pabloruizbcn: Esta es la pintada, días antes que alguien la borrase (de manera poco discreta, eso sí...) #FeijóoSalvados https://t.co/QIKQunDnGc | 136 | Tweet |
RT @PabloMM: Vaya, qué fallo el de las feministas al no consultarle a Feijóo cuando le viene bien la huelga. #FeijóoSalvados | 132 | Tweet |
RT @andresnosenada: #FeijóoSalvados Pregunta Feijoo que por qué hay una huelga justo en este año... Que alguien le cuente a este ignorante que esta huelga feminista es en 40 países... https://t.co/xkKY0Hg3YL |
124 | Tweet |
OS MÁIS ACTIVOS
Por último, entre os usuarios máis activos en Twitter coa etiqueta #FeijóoSalvados destaca a conta @blogsJusticia, dos funcionarios deste sector, en plena disputa entre Xunta de Galicia e traballadores da Xustiza galega, que manteñen desde o pasado 7 de febreiro unha folga indefinida. Esta conta foi a segunda con máis actividade na conversa en Twitter sobre a entrevista de Feijóo en La Sexta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.