O alcalde coruñés ve "razoables" as demandas dos traballadores de xustiza

Xulio Ferreiro insta á Xunta a negociar cos funcionarios da administración de xustiza. O colectivo denuncia a existencia de cesamentos de funcionarios interinos de reforzo "sen xustificación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2018 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Xulio Ferreiro dixo isto logo dunha reunión no Consistorio, mentres ás portas do Palacio Municipal de María Pita se concentraban case un cento de traballadores da Xustiza, o rexedor sumouse ás críticas destes empregados sobre a súa "discriminación" en materia salarial e laboral respecto doutras comunidades autónomas. Non entanto, dixo que "o importante" é que a Xunta "sente a negociar". Por iso, fixo un chamamento á Administración autonómica, da que asegurou que non ve que haxa "vontade de negociación".

Traballadores de Xustiza en folga coa o alcalde da Coruña.
Traballadores de Xustiza en folga coa o alcalde da Coruña. | Fonte: Europa Press

CESAMENTO DE INTERINOS

Pola súa banda, o portavoz do comité de folga na Coruña, Javier Fernández, lembrou que desde o 20 de febreiro non houbo "ningunha convocatoria" da Xunta para unha reunión". "Menten cando din que están abertos ao diálogo", sentenciou. Ademais, reiterou que non aceptarán "chantaxes", en alusión á condición de suspensión da folga indefinida posta polo conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, para acudir a unha reunion. "Ten que asumir a súa responsabilidade como conselleiro e vir negociar sen ningunha condición", apostilou Javier Fernández.

Mentres, denunciou o "cesamento" de funcionarios interinos de reforzo "sen xustificación". O portavoz do comité de folga vinculou esta situación co seguimento do paro por parte dos mesmos. Sobre estes casos, dixo que afectan a xulgados con "sobrecarga" de traballo, en alusión en concreto aos do Mercantil. "Con 20 ou 30 escritos ao día por funcionario", explicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta