Por Moncho Mariño | Santiago | 06/03/2018 | Actualizada ás 18:59
O estudantado de Filosofía constatou nunha serie de traballos realizados ao longo do curso a escasa presenza de mulleres en lugares recoñecidos dos espazos das urbes galegas. “E máis aínda, de mulleres asociadas ao coñecemento”, explicou a vicedecana da Facultade organizadora, Mª Nieves Herrero Pérez, para quen a acción é tamén unha maneira de “pór en releve a estreita relación entre filosofía e feminismo”.
No acto de inauguración da instalación, a catedrática María Xosé Agra explicou que se elixiu Concepción Arenal para valorizar “a forza dunha muller intelectual, cunha obra recoñecida internacionalmente, precursora do feminismo e que mesmo tivo que disfrazarse de home para estudar a carreira de Dereito”. Agra manifestou tamén que “a historia intelectual das mulleres non está presente, non é recoñecida, e iso que compartimos todas xa o denunciaba Concepción Arenal na súa época”.
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago, Marta Lois, recibiu con satisfacción o traballo dos estudantes. Para a responsable da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo, esta obra é en esencia, “un acto de reivindicación de espazos de recoñecemento de mulleres insignes”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.