Centos de persoas apoian o paro feminista en Lugo

Centos de persoas saíron ás rúas da cidade de Lugo nesta xornada de paro feminista e en defensa da igualdade entre homes e mulleres.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2018 | Actualizada ás 15:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Centos de persoas saíron ás rúas da cidade de Lugo nesta xornada de paro feminista e en defensa da igualdade entre homes e mulleres.

Os sindicatos CC.OO, UXT e a CIG destacaron o seguimento "maioritario" da folga de mulleres no municipio, sobre todo nas administracións públicas, onde se celebraron protestas ante a sede da Xunta e da Deputación de Lugo.

O Concello de Lugo tamén protagonizou un acto reivindicativo e o equipo de goberno, do oito concelleiros socialistas, renunciaron ao salario. Así mesmo, as tres mulleres do goberno provincial (Pilar García Porto, Sonsoles López Izquierdo e Mayra García) secundaron o paro no seu conxunto.

Ás 11.45 comezaban os actos reivindicativos coa lectura dun manifesto ás portas da Casa Consistorial. "O concello de Lugo e o foro de participación cidadá aproban dar o seu apoio feminista. Viva a folga de coidados, de consumo, educativa, laboral, viva a folga feminista. Se nós paramos, para o mundo", clamaba Fátima Pérez, encargada de ler o manifesto.

A alcaldesa Lara Méndez proclamaba o seu apoio á folga, aínda que mantendo as tarefas "institucionais" ao longo de todo o xoves, nunha xornada "histórica" que vive con "ilusión e optimismo".

"Son tempos complexos, porque se retrocedeu na consecución de dereitos e as crises teñen nome de muller, do mesmo xeito que o paro, a brecha salarial ten nome de muller, as pensións teñen nome de muller porque temos as pensións máis baixas", proclamou

PARTICIPACIÓN "HISTÓRICA"

Doutra banda, varios centos de persoas concentrábanse ante a sede da Deputación provincial, entre eles o propio presidente da entidade, Darío Campos, quen trasladou o seu respaldo ás deputadas que apoiaron a protesta.

"Elas decidiron o que había que facer, e nós respectámolo. Neste país no canto de mellorar imos empeorando, cun gran desequilibrio salarial", salientou.

O secretario provincial de UXT, Ángel Tomé, destacou o paro "maioritario" na provincia de Lugo, cun seguimento "importante, tanto de homes como de mulleres".

As protestas da cidade de Lugo contaron, ademais co apoio doutros representantes políticos do BNG, como Olalla Rodil, ou do portavoz de En Marea, Luís Villares.

Villares insistiu na "participación histórica" nas mobilizacións, e denunciou a inacción do goberno galego ante a "constatación dunha brecha salarial do 29 por cento", do "incumprimento da lei de igualdade" ou "a supresión dos servizos de atención psicolóxica nos xulgados de Galicia".

Así mesmo, no marco da protesta convocada ante a sede da Xunta, varias das manifestantes convocadas pola CIG entraron no edificio e protagonizaron unha sentada na recepción do inmoble.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta