Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2018 | Actualizada ás 19:08
Fontes sindicais aseguran que os docentes de "moitos" dos centros de Galicia secundaron ao 100% os paros parciais. Noutros casos, as cifras que manexan están entre o 50 e o 70%. De aí ese 70% "alto" de seguimento entre os docentes que calculan. En canto ao alumnado, estiman que un 90% dos de secundaria e o sistema universitario sumáronse aos paros.
A Xunta, pola súa banda, fixa nun 21,5% o seguimento no ámbito educativo, incluíndo os centros públicos e concertados. En termos absolutos, estas cifras tradúcense en 7.230 persoas que participaron na folga, segundo Vicepresidencia, dun total de 36.795.
Desagregados, a porcentaxe, indica, foi do 23,81% no sector público e do 7,91% no concertado. Engade ademais que se cumpriron ao 100% os servizos mínimos, que se fixaron en 2.476 persoas, e que as ausencias justificadas foron 623.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.