As asociacións de xubilados denuncian silenciamento por parte dos medios galegos

O Movemento Galego en Defensa das Pensións, MODEPEN, denuncia tamén a aparición de interlocutores en mesas redondas e debates que non consideran representantes do xubilados. Anuncian manifestacións para o 17 de marzo nas principais cidades e vilas galegas.

Por Moncho Mariño | Santiago | 13/03/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A voceira da Confederación Española de Pensionistas e membro de MODEPEN, Victoria Portas, denuncia que despois de dous anos traballando a prol das pensións, apenas tiveron eco en medios de comunicación, non sendo algún dixital ou pequenas mencións na prensa en papel. “Enviabamos comunicados a todos os medios exactamente igual que fixemos cando enviamos a nota de queixa sobre este punto e xa recibimos resposta”, di Victoria Portas en declaracións a GC.

Pensionistas
Pensionistas

A raíz das manifestacións do 22 de febreiro “que non foron só en cidades como Bilbao, Barcelona ou Madrid, senón tamén cidades e vilas galegas, non saiu nada na prensa galega, non falaron do tema”, declara Portas. Mesmo entendendo que os medios entendesen que as manifestacións non rebordaran as expectativas tal como si aconteceu, nin MODEPEN nin COESPE recibiron ningún chamado para preguntar sobre cales eran os puntos das súas reivindicacións.

Victoria Portas si destaca que houbo medios escritos que “chamaron para que algún xubilado ou xubilada que viva na miseria, que é a situación que temos realmente en Galicia, lles poida contar as súas pequenas miserias  para sacar algunha nota de prensa” pero “nin nos parece xusto nin loable” nun momento no que os pensionistas están cansos dese tipo de noticias. O que se busca é chegar ao maior número de persoas posible coa prensa.

REPRESENTATIVIDADE

Sobre a representatividade dos pensionistas a voceira do movemento a prol das pensións do “que é COESPE quen os representa en exclusividade e non ningún sindicato, pero si houbo forzas sindicais que participan con asociacións independentes de pensionistas, sempre participaron sen uso partidario”. 

O caso é que desde as agrupacións de xubilados deixan claro que non van tolerar reunións sobre o Pacto de Toledo, sen estaren eles presentes. Consideran que a representación do seu colectivo non pode quedar só en mans de forzas sindicais “que asinaron con Zapatero tanto a reforma laboral como a das pensións na lei 27.11”, ditas forzas serían CC OO e UGT di Portas. “Dixémoslles de participar con nós pero sen bandeiras e partidismos, sen teren que sertirse atacados  nos nosos comunicados e comentando o da lei 27.11 e dixeron que non, querían ler o comunicado e dicir que convocaran eles, cousa que non é certa” rematou Victoria Portas.

PLANS PRIVADOS

Preguntada sobre os motivos que moveron á manifestación do 22 de febreiro, Victoria Portas sinala o interese económico dos lobbies económicos arredor da UE e que o camiño a seguir nos vindeiros anos “busca enriquecer  os plans privados de pensións seguindo un documento depositado na Comisión Europea e que se discutirá este mesmo mes”.

O documento paneuropeo, aplicable a todos os países membros da UE, non é unha directiva, unha recomendación, senón que “é de imperativo legal e de obrigado cumprimento”. Dito documento apunta que os plans de pensións sexan xestionados pola banca privada ou por aseguradoras e fondos de investimento. “Teñen claro desde que o dixo o Banco Mundial, modificar as políticas públicas de plans de pensións, porque nos países as pensións públicas son de subsistencia, subscribiríase un plan de pensión  privado, onde o sistema público é sostible non se subscribe” aclara Victoria  Portas.

O caso é que España estaba na segunda opción, pero o que vén os pensionistas mobilizados é un desmantelamento do sistema público de Seguridade Social para cotizar a un plano privado con bonificacións. O plano paneuropeo ten previsto que aforre uns 700 mil millóns de euros desde 2018 ata o 2030. “Se ese diñeiro se destinase a subsidios dignos e suficientes, chegaría para a nosa xeración, a seguinte e dúas máis cobrando unhas pensións dignas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 bonburen

FALSO. FALSO. FALSO. Que repasen a prensa galega destes días, a ver se aparece ou non tema das pensións. Outra cousa é que aparezan eles. ¿Ou é que o que interesa é falar deles o non dos pensionistas?