Estrea de 'Nove de Novembro', o primeiro filme gai en galego

Presentarase en Galicia o 7 de abril, no Teatro Colón da Coruña, logo da súa andaina por varios festivais.

Por Galicia Confidencial | Santo | 14/03/2018 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O filme Nove de Novembro, primeiro de temática LGBT (lesbianas, gais, bisexuais e transexuais) rodado en galego, chegará finalmente as pantallas galegas o vindeiro 7 de abril cunha presentación especial no Teatro Colón da Coruña.

Fotograma do filme 'Nove de novembro'
Fotograma do filme 'Nove de novembro' | Fonte: Lázaro Louzao.

A proxección será as 20:30 e os asistentes terán a posibilidade de falar cos actores e o director da cinta. A entrada para ver o filme será gratuita, previa retirada en taquilla, e os horarios poden consultarse na páxina web do teatro.

O evento, organizado pola asociación ALAS, Costura Films e o Comité Anti-SIDA da Coruña contará coa presenza dos membros do equipo técnico e artístico que fixeron posible a cinta.

Este proxecto, que comezou a sua andaina en festivais no mes de febreiro, xa puido verse nos festivais Zinegoak, en Bilbao e San sebastián, no New Renaissance de Amsterdam e no qFLIX de Philadelphia. Retornando así a cidade onde foi rodado o pasado mes de agosto antes de voltar de novo ao seu percorrido por festivais.

O filme, dirixido por Lázaro Louzao e protagonizado por Ademar Silvoso e Brais Yanek, tivo un orzamento de só 30.000 euros e foi financiado parcialmente a través dunha campaña de crowdfunding.

Fotograma do filme 'Nove de novembro'
Fotograma do filme 'Nove de novembro' | Fonte: Lázaro Louzao.

Non exento de polémica, o pasado mes de novembro Galicia Confidencial informaba de que Facebook censurara a promoción deste filme na rede social por mor dun bico entre os dous protagonistas no trailer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta