Traballadores da Xustiza: “Estamos perdendo entre 60 e 75 euros ao día por acadar os nosos dereitos”

Feijóo poderá xa pagar o aumento dos funcionarios da Xustiza co que estes perderon en 42 días de folga. “Vaille saír gratis e aínda quere rapiñarnos máis cunha nova chantaxe”, asegura Pablo Valeiras, voceiro de Alternativa pola Xustiza-CUT, nesta entrevista na que critica que o PPdeG levou a súa loita interna pola sucesión a este conflito con dous sectores –Facenda e Xustiza-- que, di, “teñen visións moi diferentes”. “E todo porque hai un virrei polo medio agardando que todo fracase para quitarse un rival do medio”, engade.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/03/2018 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Que está pasando coas negociacións porque a Xunta di unha cousa e vós outra?

Pablo Valeiras, voceiro de Alternativa pola Xustiza
Pablo Valeiras, voceiro de Alternativa pola Xustiza | Fonte: CCOO Xustiza

O que está pasando é que a Xunta está actuando desde a chantaxe, a prepotencia e a falta de respecto por un colectivo que está apoiando masivamente a folga. Desde que comezou, seguen sendo preto do 90% os funcionarios de xustiza que secundamos a protesta. 

Falas de chantaxe, a que te refires concretamente?, que tipo de chantaxe vos fai a Xunta?

Pois onte (polo luns) cambiou a dinámica de negociacións e cambiou os puntos da negociación. Na anterior proposta había un incremento de 105 euros lineais para todas as categorias e agora marcan escalóns nos que aos auxilios non lle soben un euro e aos tramitadores só 3.

E porque cres que a Xunta buscou esta estratexia de subirlle a unhas categorías máis que ás outras?

Folga dos funcionarios da Xustiza
Folga dos funcionarios da Xustiza

Buscan a división e cambiar as regras de xogo. E din que esa é a última oferta. E cando nós, nas negociacións, lle preguntamos que é o que imos cobrar no 2018, 2019 e 2020, contestan que para sabelo temos dicir que si a súa proposta cos ollos pechados. É coma se foramos a asinar unha hipoteca cun banco sen saber os tipos que temos que pagar.

"Feijóo está acostumado a vivir nun mundo de ditaduras e maiorías absolutas e quere impoñer a súa negociación"

Con todo na Xunta insisten que o problema é voso, que non queredes negociar...

Iso é falso. É o que queren que publiquen os medios. Pero están actúando con prepotencia porque  dan as súas ofertas sen darnos a opción a negociar. “Ou isto ou nada”, din. Eu estiven en varias negociacións e sempre se presentaba unha oferta e logo había contraofertas. Pero coa Xunta non se pode. Están acostumados a vivir nun mundo de ditaduras e maiorías absolutas. Levan tanto anos gobernando así que tanto lles ten e é un novo desprezo para os cidadáns. Deixan a oferta e marchan.

E como vos está afectando isto?

Pois hai traballadores que levamos con descontos brutais  de entre 60 e 75 euros ao día desde hai 42 días.... Multiplica ti xa o que nos está custando esta loita para acadar os nosos dereitos. De feito, Feijóo xa pode pagar a suba que nós propoñemos para este ano co que nos quitou por participar na folga. Sairialle gratis e, aínda así, insiste en machacarnos.

Pero cal é a vosa oferta porque moito se fala da da Xunta pero non da vosa?

Nós o que puxemos enriba da mesa son 100 euros que supún 3 millóns de euros no primeiro ano. Logo, no segundo ano serían 145 (catro millóns) e 190 no terceiro ano (seis millóns de euros).

"Hai unha loita interna pola sucesión na que están metidas as consellerías de Facenda e de Xustiza, e unha terceira máis soterrada"

Estase centrando moito a folga no tema económico, e no resto de peticións?

Pois no resto houbo acercamento de presentar textos. Nós presentamos as nosas e a Xunta dixo que as ía estudar. Pero logo levantouse da mesa sen querer negocialas. Non contestan ás nosas reivindicacións. 

E porque cres que a Xunta non dá o brazo a torcer?

Pois porque hai unha loita interna pola sucesión na que están metidas as consellerías de Facenda e de Xustiza, e unha terceira máis soterrada. Aquí vese que o que se busca é un desgaste de Alfonso Rueda como sucesor de Feijóo en beneficio doutra parte. E utilizase a Facenda como árbitro na sucesión para atacar a Rueda para que a sucesión no vireinato se consume.

Ousexa, que dis que o que milleiros de persoas están sufrindo sen poder acceder á Xustiza é por culpa do PPdeG?

Si, por unha guerra interna deste partido que vai en detrimento e en prexuízo dos cidadáns. Os avogados e procuradores tamén o están pasando mal, sen cobrar desde hai tempo. E todo iso, o está provocando as liortas sucesorias do PPdeG.

E, a partir de agora, despois de que a Xunta se levantara da mesa, que?

Pois temos asemblea de traballadores e tomaremos novas medidas para endurecer aínda máis as nosas reivindicacións para rematar xa con esta discriminación.

 Feijóo busca a nosa división con esas ofertas que son un engano

E estás convencido de que seguides unidos?

As porcentaxes de folga se manteñen e, polo tanto, a unidade dos traballadores está forte. Precisamente, Feijóo busca a nosa división con esas ofertas que son un engano. E unha folga nunha houbo así na administración pública que eu lembre; que dure tanto e que teña tanto seguemento. Quere dividirnos pero nós sabemos que non é a última oferta e seguiremos loitando.

Tedes problemas cos cidadáns?. Percibides o seu malestar ou volo transmiten?

Nos centros de traballo non temos problemas cos cidadáns, agás excepcions, e explicamoslles que Feijóo nos confiscou entre 3.500 e 10.000 euros anuais nos últimos anos e que cobramos moito menos que o resto das autonomías. Por exemplo, con respecto a Cantabria, estamos perdendo 200 euros todos os meses. E iso que o presidente Revilla cobra moito menos que cobra Feijóo aquí. 

Reunión entre Xunta e funcionarios de Xustiza
Reunión entre Xunta e funcionarios de Xustiza
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 Cidadán

O malo non é que estén en folga. O peor é que case nunca traballan ainda que cobren. Si traballaran non habería tanto corrupto e sinvergonza solto.

1 nikka19

¿te refieres a los politicos no?. Blanco y en botella: son corruptos y cobran sin trabajar.

2 Cidadán

Non sabía que os políticos poideran xulgarse a si mesmos. Pero non, e alomenos os políticos poden cambiarse cada catro anos. Refírome os xuíces e funcionarios de Xustiza, e ti lo sabes.

8 Lección aprendida

Con semellantes insultos (lacazáns, folgazáns, vagos, parásitos, sanguijuelas, choróns, axitadores, propagandistas...) o que máis en claro saco desta folga é que estou facendo o parvo. Estou seguro de que van cambiar moitas cousas na Administración de Xustiza. Pola miña parte, e xa que así me considera a xente, acabouse o de facer máis horas das que me pagan. E o de ir traballar tardes, sábados e festivos vai pasar a mellor vida. Traballarei unicamente o que me corresponde. E a vivir.

1 Sanguesugas S.A.

Que vivides coma curas, créocho; que traballades domingos e festivos coma eles, nin de coña.

7 Veña xa

Pois eu para pagarche esos 75 euros teño que labrar 10 horas ao día de luns a domingo. Menudo fato de lacazáns. Os funcionarios que menos traballan de todos e veñen chorando. ä put... calle home.

6 comunista independentista

Xa están os submisos, os que sempre agachan a cabeza, os covardes lamecús, os que xamais protestan por moitos paus que leven, os tío-tom do século XXI... desafogando a súa miseria contra os que loitan. Nada novo. Nin caso. Forza e folgos aos folguistas!

1 Antiparasitos sociais

Tes razón. Xa abonda de pagar impostos para manter a tanto vago funcionario, liberado sindical e político maleante. Temos que loitar para acabar con esta banda de parasitos que con violencia estrutural viven da nosa sudor cal sanguijuelas. A por eles

5 Fartodeladrons

75 euros/dia = 2250 euros mensuais. E logo din que gañan pouco.

1 Primero Entérate

No es así.el descuento por día de huelga es mayor que lo que se gana un dia .hay parte proporcional de extra,seguridad social etc