Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/03/2018 | Actualizada ás 18:00
O xulgado emitiu un oficio datado este luns no que se ordenaba a eliminación desta aplicación e instaba a non impulsar ningunha nova ferramenta "de similar condición". Fundamenta a súa decisión na orde que emitiu recentemente para a execución do secuestro deste libro, que esixía á editorial a paralización inmediata da reprodución e distribución do libro en formato papel e dixital.
O Gremio de Libraría de Madrid lanzou o pasado 15 de marzo a campaña denomínase '#FindingFariña' e á ferramenta pódese acceder a través da dirección en Internet 'https://www.findingfarina.com/'.
Nesta páxina de Internet, o colectivo expón que a aplicación non está dispoñible en cumprimento do oficio remitido polo Xulgado de Instrución número 7 de Collado Villalba. Con esta aplicación, o Gremio de Librarías de Madrid quería mostrar o seu "desacordo e desconformidade" coa execución do secuestro xudicial do libro escrito por Nacho Carretero, editado por Libros del K.O., sobre o narcotráfico en Galicia, a través dunha iniciativa "en defensa da liberdade de prensa e a liberdade de expresión".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.