Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 03/04/2018 | Actualizada ás 09:40
A monfortina Saleta Fernández tivo unha recepción no concello de Monforte antes da Feira Medieval para recibir das mans do alcalde José Tomé unha réplica do emblemático edificio dos Escolapios como recoñecemento aos méritos deportivos acadados; entre eles o recente campionato de España de salto de altura.
O alcalde aproveitou a ocasión tamén para pedirlle que asinara no libro de honra do consistorio e lembrou que co acordo acadado por unanimidade no pleno anterior as pistas de atletismo da Pinguela levarán o seu nome e en breve se colocará unha placa para tal fin.
A homenaxeada tivo palabras de agradecemento ao Concello, club e familiares presentes no acto por recoñecer non só os méritos e medallas que se acadan se non tamén o traballo e o esforzo que hai detrás deles. Así mesmo agradeceu que se pensara nela para que as pistas leven o seu nome e indicou que aínda que lle parece “excesivo” este mérito vai estar moi orgullosa desta honra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.