O excoordinador de Marea Pontevedra renuncia por "ética" a substituír a Quinteiro se esta dimite

Logo de coñecerse que protagonizou un incidente coa Policía, decide dar un paso ao carón pensando "na ética que debe ter En Marea".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2018 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O excoordinador de Marea Pontevedra, Xoán Hermida, anunciou este xoves en rolda de prensa a súa renuncia á acta de deputado que lle correspondería no Parlamento de Galicia no caso de que a parlamentaria de En Marea Paula Quinteiro presente a súa dimisión, como reclaman o portavoz do partido instrumental, Luís Villares, e a dirección da organización rupturista.

Xoán Hermida, Marea Pontevedra
Xoán Hermida, Marea Pontevedra | Fonte: Europa Press

Así, asegurou que era "consciente" desde que se coñeceu o incidente que protagonizou Quinteiro --que chegou a esgrimir o seu carné de deputada nun control policial por vandalismo durante a noite do 18 de marzo en Santiago-- que "os focos e o lume cruzado da contenda política ía porse" sobre el debido a que é o seguinte na lista electoral desta formación.

Hermida, que ocupou o número seis da lista de En Marea por Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2016 (nas que o partido instrumental obtivo cinco escanos), referiuse á filtración a La Voz de Galicia por parte do BNG dun suposto enfrontamento que mantería na cidade de Pontevedra con axentes da Policía Municipal que o estaban multando.

"Obviamente non podo dimitir de nada porque non teño ningún cargo institucional", dixo Xoán Hermida, que, a continuación, engadiu que "tampouco" ten "nada que rectificar" sobre o mencionado asunto "porque non hai caso". No entanto, xustificou a súa decisión de dar un paso ao carón como unha "lección" pensando "na ética que debe ter En Marea".

"Eu sempre digo que non hai política sen ética", apuntou Xoán Hermida, que situou a súa decisión no contexto da "democracia europea", para logo reiterar o seu compromiso persoal con Marea Pontevedra e cos movementos sociais aos que pertence.

Deste xeito, no caso de que finalmente Paula Quinteiro decida renunciar á súa acta como deputada, o posto recaría en Julia Torregrosa, responsable de Educación en Podemos Galicia e tamén membro de Marea Pontevedra.

"TRANSPARENCIA E VERACIDADE"

Xoán Hermida dimitiu fai sete meses do seu cargo como coordinador en Marea Pontevedra debido a que as súas "obrigacións profesionais e persoais" non lle permitían "atender ese posto". Do mesmo xeito, segundo explicou este xoves, estas mesmas circunstancias lle impidirían agora desempeñar o labor de diputado na Cámara galega en caso de producirse a renuncia dalgún dos actuais representantes de En Marea por Pontevedra.

Así as cousas, teorizou con que "a transparencia e a veracidade" que debe ter un representante público que, ao seu xuízo, e aínda que remarcou que non é o seu caso, "non debe ter vida privada" e que se debe dar contas do que pasa "desde o minuto cero".

Nesta liña, Hermida di que, cando recibiu esas dúas multas por parte da Policía Municipal, publicou no seu perfil de Facebook que se trataron de sancións por aparcadoiro indebido mentres levaba ao seu pai a un centro de maiores próximo e, a segunda infracción, foi por non levar posto o cinto de seguridade.

A primeira multa pagouna pero a segunda está recorrida nun contencioso e foi obxecto dun escrito dirixido ao intendente xefe da Policía Local, Daniel Macenlle, no que protesta pola actitude que tiveron os axentes municipais. Esta queixa derivou na apertura dun expediente informativo a un dos policías, segundo explicou Xoán Hermida, que acusou a un dos axentes de "na súa lexítima defensa, invéntase unhas declaracións" que foron recollidas pola prensa.

DIFERENCIA O SEU CASO CO DE QUINTEIRO

Xoán Hermida ha expreado que "hai que diferenciar entre documentos públicos e privados", xa que un atestado policial como o referido a Paula Quinteiro é público, mentres que, segundo puntualizou, o expediente interno aberto a un funcionario é un informe privado. Deste xeito, incide en que, ao ser filtrado á prensa, "está a vulnerarse por parte do Concello de Pontevedra un dereito básico á privacidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Puro conto

Conto. Vexamos: "Non hai caso e é un invento da policía": pois logo.., ¿por qué dimite? "De todas maneiras non collería o escano por razóns profisionais". Ou sexa, que puro conto, e ademais gratuíto para desgastar a Paula, da que ninguén lle acusa de nada. Mais que o inquisidor Villares e amigos

1 Su Señoría Deputada

Non dimite de nada, anuncia que se a túa protexida rupturista de espellos, exhibidora de credendiais de superdeputada intocable e burladora das Mareas, a ilustre P. Cifuentes Quinteiro chega a asumir responsabilidades, iso é pedir perdón e dimitir, o tal Hermida renuncia a ocupar o posto que lle corresponde. Certo que non aclara se por metedura de zoca e/ou por asuntos propios (típico de Juan Hermida, acostumado a nadar sen mollarse e a ocultar a roupa do pasado). A tal P. Cifuentes Quinteiro acúsana a policía, os veciños, os votantes e a sociedades galega que conserva a decencia, paréceche pouco?

2 Xan do Can

Aclarado. Hermida sobra na política presente e futura, é pasado, xa tivo o seu tempo. Paula Quinteiro resiste, igual que Cifuentes, para vergoña e desgaste das Mareas de Podemos. E o BNG do caudillo Lores ficou destapado: despois dos seus coqueteos continuados co españolismo acaba de amosar que non ten escrúpulos para airear asuntos privados para atacar a rivais políticos. E non, non todo vale na política, nin Hermida, nin Quinteiro, nin Lores. Nin os babosos que os protexen e defenden.

1 Tocabolas

Home, que queres que che diga...Hermida rival político de Lores...repito, que quere que lle diga, non hai nivel comparabel: ca gada de formiga fronte Bosta con pedigrí..e coidado co das filtracións...en Compostela, as do concelleiro borrachín do Pp (Sr. Espadas alias "Puñales" para os íntimos tavernarios) facia-as a propria Policia Local, polas gañas que lle tiñan e non o Grupo Governante (pois que era o mesmo do concelleiro).

2 Xan de la pastillita

Solo vale tu amigo Louzan loquito que bien disimulas

3 Fran do Covelo

Un comentario atinado e dous babosos do BNG. Os que tanto presumen de querer ao país gozan na lama da política. As ratas medran no lixo (y te disimulan en castellano).

1 Marea de Ence

Renunciar non é o mesmo que afirmar que se vai renunciar. Non pode renunciar ata que non dimita a outra e lle toque a el coller o escano. Renuncio aos meus dereitos ao trono austrohúngaro se mo ofrecen algún día.

1 fuquiño

jajajaja. Ti non estás na linaxe ao trono austrohúngaro. Hermida, si está na listaxe da candidatura de EnMarea pola provincia de Pontevedra. Non teño nin filias nin fobias, pero o "césar o que é do césar", actitude exemplar de ética política. Algún/ha debería tomar nota. Estamos necesitados de que, "sobre todo", representantes públicos, teñan comportamentos axustados aos cargos que ostentan. Por saúde democrática.